Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Hoxe tomou posesión a nova corporación municipal e foi investido alcalde Enrique Cabaleiro

Undefined

A nova corporación municipal de Tui tomou posesión este mediodía no pleno celebrado no salón de sesións da casa do concello.

Enrique Cabaleiro do Partido Socialista, foi investido alcalde ao ser o candidato da lista máis votada o 28M.

A sesión comezou coa constitución da mesa de idade formada por José Martínez Tato e Pilar Gregores. A continuación e tras comprobar as credenciais tomaron posesión cada un dos concelleiros e concelleiras que xuraron ou prometeron o seu cargo.

O luns comezan as obras de humanización da rúa Lugo

Undefined

O próximo luns, 19 de xuño, comezarán as obras de humanización da rúa Lugo en pleno centro urbano de Tui. Por este motivo non se poderá nin circular nin estacionar neste vial. Haberá tamén cambios no tráfico na rúa Ourense, xa que provisionalmente mentres duren as obras suprimirase o aparcamento en batería para habilitar na intersección entre esta rúa e Colón, Martínez Padín, e Augusto González Besada tres carrís de circulación.

Mañá sábado ás 12 celébrase o pleno constitutivo da nova corporación municipal

Undefined

Mañá sábado, 17 de xuño, ás 12 h terá lugar no salón de sesións da Casa do Concello de Tui a sesión plenaria constitutiva da nova corporación municipal tras as eleccións municipais celebradas o 28 de maio. 

A corporación municipal de Tui está formada por 17 membros. 

O Concello de Tui lembra que a práctica de xogos en espazos abertos que impliquen un risco para persoas ou bens e a circulación temeraria con patíns ou monopatíns por beirarrúas ou lugares destinados aos peóns é unha infracción grave

Undefined

O Concello de Tui lembra que a práctica de xogos nos espazos abertos que impliquen un risco relevante para a seguridade de persoas ou bens e, especialmente, a circulación temeraria con patíns ou monopatíns por beirarrúas ou lugares destinados aos peóns constitúe unha infracción grave da Ordenanza Reguladora da Convivencia Cidadá nos Espazos Públicos.

A corporación municipal de Tui celebra este mércores pleno extraordinario

Undefined

A corporación municipal de Tui celebrará pleno de carácter extraordinario este mércores, 14 de xuño, ás 9.30 h, no salónd e sesións da casa do concello. 

Na orde do día figura un único punto referido á aprobación, se procede, dos borradores das actas das sesións anteriores: ordinaria nº 3/2023, do 27/04/2023 e extraordinaria nº 4/2023, do 02/05/2023.

Convócase unha reunión informativa para a veciñanza afectada pola modificación puntual do PXOM en San Bartolomeu

Undefined

O Concello de Tui convoca unha reunión informativa o próximo xoves, 15 de xuño, ás 19 h no salón de plenos da casa do concello para a veciñanza afectada pola modificación puntual do PXOM da reforma urbanística da zona de San Bartolomeu.

Alevíns e benxamíns do Tyde F.C. participan no Torneo Internacional de fútbol en Versmold

Undefined

Esta mañá celebrouse unha recepción aos 11 xogadores e a xogadora do Tyde F.C. que van a participar no Torneo Internacional de Versmold, onde compartirán experiencia con clubs de 12 países. Foron recibidos no salón de sesións da casa do Concello de Tui polo alcalde de Tui en funcións, Enrique Cabaleiro, e polo concelleiro de Deportes en funcións, Rafael Estévez.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía