Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Presentación da Xornada Francisco Sánchez no IV Centenario da súa morte que se celebrará o 14 de novembro

Undefined

Mañá martes, 7 de novembro, ás 11 h na casa do concello terá lugar a presentación da “Xornada Francisco Sánchez no IV Centenario da súa morte” organizada polo Consello da Cultura Galega e o Concello de Tui. Este evento celebrarase en Tui o martes, 14 de novembro.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, do secretario do Consello da Cultura Galega, Silvestre Gómez Xurxo, e do director do coro Vox Stellae, Luís Martínez.

A traxectoria vital de Francisco Sánchez recollida nunha exposición en Tui

Undefined

Dende hoxe venres, 3 de novembro, a Sala Municipal de Exposición do Concello de Tui acolle unha exposición dedicada á figura do egrexio médico e filósofo tudense Francisco Sánchez, coincidindo co cuarto centenario do seu falecemento, o 16 de novembro de 1623, na cidade francesa de Tolosa.

Adxudicada a reforma da Praza de Abastos por 1,3 millóns de euros

Undefined

O Concello de Tui vén de adxudicar a obra de reforma da Praza de Abastos á empresa tudense Plaintec  por un importe de 1.322.706,42€. Así se aprobou onte en sesión plenaria ao ser a oferta máis vantaxosa segundo o recollido na proposta da mesa de contratación. O punto saíu adiante cos votos a favor do equipo de goberno do Partido Socialista, e abstención dos tres grupos da oposición, PP, BNG e C21.

As obras terán un prazo de execución de 8 meses, debendo estar rematadas o 30 de xuño de 2024 ao estar financiadas nun 80% con fondos europeos Next Generation.

Pleno extraordinario urxente da corporación municipal o luns 30 de outubro as 20 h

Undefined

A corporación municipal de Tui celebrará pleno extraordinario urxente o próximo luns, 30 de outubro, ás 20 h coa seguinte orde do día:

ORDE DO DÍA

A) Parte resolutiva:

1º. Pronunciamento do Pleno sobre a urxencia da sesión.

2º. Expediente 31/2023. Contrato de obras. Reforma da Praza de Abastos/Mercado de Tui (Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia - Financiado por la Unión Europea – NextGenerationEU.)

A comisaria europea Elisa Ferreira visita Tui para coñecer de primeira man os proxectos de cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal

Undefined

Tui e Valença son un exemplo de cooperación transfronteiriza. Hai dez anos constituíronse na primeira Eurocidade desta zona do Miño, pero a colaboración entre ambos municipios é histórica, ao igual que as relacións entre a poboación das súas marxes do río. O propio Camiño de Santiago, do que Tui é a porta de entrada en Galicia dende Portugal, ten sido ao longo dos séculos un exemplo de cooperación.

 

Executadas obras de mantemento na Escola Infantil Galiña Azul

Undefined

As instalacións da Escola Infantil Galiña Azul  foron obxecto de obras de mantemento no inicio do curso escolar, para que alumnado, profesorado e familias poidan empregar estas instalacións nas mellores condicións.

O Concello de Tui, a través da concellería de Servizos Sociais, e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, teñen executado obras diversas de mantemento na Escola Infantil Galiña Azul dando cumprimento ás actuacións previstas para a anualidade de 2023. 

Protección Civil de Tui organiza unha festa solidaria a favor das asociacións Un Máis e 1p36

Undefined

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil volve amosar a súa vertente máis solidaria coa organización dunha festa a favor das asociacións Un Máis e Síndrome de Deleción 1p36 que se vai celebrar o sábado, 16 de decembro, ás 20 h na Sala Metropol de Tui.

Continúan así a liña iniciada hai dous anos coa organización de eventos solidarios coincidindo coas festas do Nadal, e que nas dúas edicións anteriores contaron cunha gran acollida por parte do público, así coma dos establecementos locais que colaboran tamén nestas iniciativas.

A totalidade das parroquias tudenses contan con sesións de “Cultiva a mente” nas que participan preto de 180 de persoas

Undefined

Baldráns e Paramos son as dúas parroquias tudenses que esta temporada se incorporaron ao programa “Cultiva a mente” organizado polo Concello de Tui, co que o mesmo chega a totalidade do municipio.  Son preto de 180 persoas as que participan nesta iniciativa, realizada en colaboración con AFAGA, que promove un envellecemento activo, a socialización e traballa na prevención.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía