Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Oficina de atención aos afectados polas preferentes no Concello de Tui

30/07/2012

Atende en horario de 9 a 14h e non é preciso pedir cita previa

 

Dúas técnicas do Instituto Galego de Consumo atenden dende o venres no Concello de Tui ao afectados polas participacións preferentes. O horario de atención ao público é de 9 a 14h no primeiro andar da Casa do Concello á carón da Oficina Municipal de Atención ao Consumidor.

 

Os afectados polas preferentes poden acudir directamente, non sendo preciso pedir cita previa.

 

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, sinala que con este servizo que se presta no Concello de Tui quérese amosar o apoio aos afectados coas participacións preferentes, e ao tempo axudalos en todo aquilo que poidan dende o concello. Por iso este persoal especializado examinará cada caso e asesorará aos afectados de xeito individual.