Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello informa sobre as axudas da Deputación para entidades culturais e deportivas

6/07/2012

 

O CONCELLO INFORMA DA APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDES DE SUBCENCIÓNS  DA DEPUTACIÓN EN MATERIA DE CULTURA E DE DEPORTE

O Concello de Tui quere informar as entidades culturais e aos clubes deportivos que conten con deportistas federados da apertura do prazo para solicitar axudas e subvencións por parte da Deputación Provincial de Pontevedra.

Dende o Concello se informa que os correspondentes servizos municipais de Deportes e Cultura están abertos á colaboracións coas entidades que prescisen a súa axuda ou asesoramento na tramitación destas solicitudes.

Se ofrecen de seguido as bases que rexen ambas convocatoria:

 

BASES DE SUBVENCIÓNS DE APOIO Á CULTURA, DIRIXIDAS A ENTIDADES PARA ACTIVIDADES E INVESTIMENTOS. ANO-2012

A Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas e subvencións públicas destinadas a promover e fomentar actividades culturais, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia.

1. Obxecto


A Deputación de Pontevedra concederá axudas económicas para promover, fomentar e difundir aquelas actividades culturais que organicen as persoas físicas e xurídicas sen fin de lucro no seu ámbito territorial ;así como as destinadas a recuperar e conservar o patrimonio provincial.

Para o ano 2012 as subvencións serán as que a continuación se detallan:

O programa A/12 “actividades culturais” diríxese ó financiamento de concursos literarios, periodísticos, festivais folclóricos, intercambios culturais, certames, exposicións, etc.

O programa B/12 “instrumentos ou vestiario” diríxese a financiar ós grupos e ás asociacións musicais da nosa provincia para a adquisición de instrumental ou vestiario propio destes, debendo indicar na solicitude unicamente un dos conceptos, ou ben instrumentos ou ben vestiario.

O programa C/12 “infraestrutura” diríxese ó financiamento para a construción ou a rehabilitación de centros culturais, restauración de monumentos, etc.

2. Beneficiarios


Poderán solicitar estas axudas as persoas físicas e xurídicas que reúnan os seguintes requisitos:

  1. Carecer de fins de lucro (acreditándose en declaración responsable do representante).
  2. Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra ou, excepcionalmente, fóra deste cando versen sobre temas de interese para a provincia.
  3. Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas.
  4. Estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

3. Solicitudes e documentación


As entidades poderán presentar unha única solicitude por cada programa. Por cada solicitude que realicen deben presentar os expedientes completos.

4. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Remata o 27 de xullo.

Subvencións cultura :

 

http://www.depontevedra.es/?1,28032

 

 

BASES DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS PARA APOIAR O DEPORTE DE COMPETICION FEDERADO PARA O ANO 2012.

   Dentro do labor de fomento e apoio ás iniciativas das entidades sen ánimo de lucro que ten atribuída esta Deputación, consciente da importancia de fomentar o deporte en todas as súas facetas e coñecedora das carencias que teñen aqueles que desexan realizar a súa práctica, establece axudas para paliar ese déficit que se rexerán polas seguintes:

BASES

1.  OBXECTO

·                    

Esta convocatoria, destinada a clubs deportivos federados, márcase como obxectivo específico apoiar as entidades deportivas nas actividades derivadas da participación en ligas ou competicións oficiais de ámbito comarcal, provincial, autonómico ou nacional, convocados por organismos oficiais ou federacións deportivas galegas, nas modalidades deportivas de implantación na provincia de Pontevedra.

2. BENEFICIARIOS


Poderán optar a estas axudas as entidades e clubs deportivos que cumpran os seguintes requisitos:

·                    

2.1.- Carecer de fins de lucro (acreditándose declaración responsable do solicitante).

·                    

2.2.- Estar ó corrente das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria e coa Seguridade Social.

·                    

2.3.- A modalidade practicada polos clubs federados ten que ter implantación na provincia de Pontevedra.

·                    

2.4.- Estaren inscritos no rexistro de asociacións deportivas da Dirección Xeral para o Deporte.

·                    

2.5.- Non estar incursos en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.

 

3. SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN


Cada club só poderá formular unha única solicitude dunha modalidade deportiva concreta nos modelos normalizados.

4. PRAZO: O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Remata o 27 de xullo.

 

Subvencion deporte federado

 

http://www.depontevedra.es/?1,28025