Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Eurocidade Valença - Tui vive con emoción o partido de fútbol Portugal España de semifinais da Eurocopa 2012

27/06/2012

O Presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Salgueiro Mendes e o Alcalde de Tui, Moisés Rodriguez, van asistir xuntos ao partido da semi-final da Euro2012, campionato europeo de fútbol, entre Portugal España, hoxe mércores, 27 de Xuño.

 

Programa (hora de Tui)

* 19h15: As Previsións do Xogo

O Presidente da Cámara e o Alcalde darán a coñecer as súas previsións sobre o xogo, nos Paços do Concello de Valença;

 

* A partir das 20h05: Ollaran o  partido en Tui - España

Ambos rexedores  van para a Zona Histórica de Tui para asistir á primeira parte do xogo, nunha pantalla panorámica no Paseo da Corredoira tudense.

 

*A partir das 21h30: Visión do Xogo en Valença – Portugal

Os dous mandatarios municipais van asistir á segunda parte do xogo nunha unidade de restauración de Valença. Se Portugal gaña paga a cea Jorge Salgueiro Mendes e se gaña España o xantar será pagado por Moisés Rodriguez.