Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.

O Concello de Tui acolle unha xornada de presentación  do Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos, SICTED

Undefined

O Concello de Tui acollerá a próxima semana unha xornada de presentación do programa SICTED, Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos. Esta xornada está organizada pola Deputación de Pontevedra e Turismo “Rias Baixas”. Celebrarase o próximo martes, 22 de febreiro, ás 17.30 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello de Tui. 

O Concello de Tui congratúlase pola certificación oficial do Camiño Portugués pola Costa ata Valença

Undefined

O Goberno de Portugal publicou no día de onte o decreto que certifica, ou oficializa o Camiño Portugués da Costa, unha ruta xacobea que remata na cidade irmá de Valença, recoñecendo a importancia “histórica e cultural” deste Camiño de Santiago, nunha decisión asinada conxuntamente polas secretarias de Estado do Turismo, Rita Marques, e Adxunta e do Patrimonio Cultural, Ângela Ferreira.

A nova oficina de turismo de Tui abre as portas a unha inédita marca turística

Undefined

O sector turístico é un eixo estratéxico para Tui e, en especial, unha oportunidade para  fortalecer o desenvolvemento sostible da zona, servindo de motor para a súa economía  urbana. Dende o propio Concello, Salvaterra, Monçao, Valença, Turismo de Galicia,  Turismo Norte de Portugal e Patrimonio Natural levan anos traballando para poder  actualizar e acadar unha oferta de calidade que contemple absolutamente todo o que a  localidade e a súa contorna ten para atraer aos visitantes.  

Mañá conferencia de Víctor Manuel Vázquez Portomeñe no Foro do Camiño Portugués

Undefined

Maña, martes 25 de xaneiro, o Concello de Tui retoma a celebración mensual do “Foro do Camiño Portugués” coa presenza dun destacado protagonista da recuperación e revitalización do Camiño de Santiago en Galicia, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, ex-conselleiro da Xunta de Galicia e medalla de honra do Concello de Tui concedida no ano 2017.

O Concello de Tui retoma o Foro do Camiño Portugués coa presenza de Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Undefined

O vindeiro martes, 25 de xaneiro, o Concello de Tui retoma, logo da paréntese do Nadal, a celebración mensual do “Foro do Camiño Portugués”. Nesta ocasión será coa presenza dun destacado protagonista da recuperación e revitalización do Camiño de Santiago en Galicia, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, exconselleiro da Xunta de Galicia e medalla de honra do Concello de Tui dende o ano 2017.

Tui acolle a exposición “Diálogos” da Biblioteca Nacional de Israel e a Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad

Undefined

A zona anexa da Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez – Área Panorámica, acolle dende esta semana exposición “Diálogos”. A mostra foi preparada en setembro de 2021 pola Biblioteca Nacional de Israel para a Xornada Europea da Cultura Xudía. Esta mostra chega ata a nosa cidade a través da Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad á que pertence o concello de Tui dende o ano 2019.

Pages

Subscribe to RSS - Turismo