Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

A próxima semana serán instaladas catro novas marquesiñas en Areas, Randufe, Pazos de Reis e Guillarei

Undefined

O próximo luns comezarán as obras para a instalación de catro novas marquesiñas noutras tantas paradas de autobús en Areas, Randufe, Pazos de Reis e Guillarei en puntos de entrada ao centro urbano. O Concello de Tui vén de adxudicar o proxecto para a renovación e colocación destes elementos, unha actuación que será financiada con fondos propios.

Últimos días para participar nos showcases do MUMI 2023

Undefined

Queda exactamente unha semana para que artistas e bandas galegas e portuguesas interesadas en abrir novos mercados envíen as súas propostas musicais para optar a participar nos showcases que se celebrarán en distintas localizacións de Tui e Valença dentro da cuarta edición do MUMI. As inscricións son gratuítas e poden facerse ata o próximo venres 2 de xuño a través da web mumimusicas.eu. Poden presentarse todas as bandas ou artistas de Portugal e Galiza que teñan un proxecto musical de carácter profesional, independentemente do tipo de formación ou estilo.

Tui énchese de libros e animación para celebrar o Día das Letras Galegas

Undefined

Este mércores, Día das Letras Galegas, celébrase a XXIV Feira do Libro Galego, no Paseo da Corredoira. Participarán as librarías Iris e Nobel con trece postos de exposición e venda de libros, nos que haberá un 10% de desconto.

A concellería de Ensino e Cultura, que dirixe Sonsoles Vicente, elaborou un amplo e variado programa de actividades a celebrar ao longo da xornada para dinamizar esta feira do libro e para a promoción das nosas letras, a cultura e a lingua de Galicia nesta celebración do 17 de maio.

O Concello de Tui recibe a doazón duns mapas cartográficos de gran detalle e valor histórico do seu territorio

Undefined

O Concello de Tui recibiu esta mañá unha doazón moi especial de mans do veciño Ramón Amado. Trátase duns mapas de cartografía militar de gran detalle e valor histórico que foron adquiridos, no seu momento, nunha tenda de Madrid especializada e que comercializa diversas pezas e mapas do Servizo Xeográfico do Exército español.

Mañá terá lugar a presentación da IV Edición do Encontro Profesional de Músicas MUMI 2023

Undefined

Mañá xoves, 11 de maio, ás 11 h ES na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación do IV Encontro Profesional de Música Galicia - Portugal, MUMI. 

Na presentación participarán Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, Jose Manuel Carpinteira, presidente da Cámara Municipal de Valença, Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), Ánxela Vila e Diana Martins, representantes do MUMI en Galiza e Portugal.

Máis de 130 persoas participan no programa Cultiva a Mente en nove parroquias tudenses

Undefined

Un total de 134 persoas participan no proxecto Cultiva a Mente, impulsado polo Concello de Tui en colaboración con AFAGA (Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia), en nove parroquias tudenses.

O principal obxectivo desta iniciativa é previr o deterioro neurodexenerativo e a promoción de hábitos saudables a nivel cognitivo, emocional, físico, funcional e social, promovendo un envellecemento activo. Actualmente, o 83% das participantes son mulleres e a idade media dos usuarios e usuarias é 76,5 anos.

O Consorcio de Augas do Louro dota de fibra óptica á EDAR

Undefined

O Consorcio de Augas do Louro, do que forman parte os concellos de Tui, O Porriño, Salceda de Caselas e Mos, está a executar as obras que permitirán unir a través dunha rede de telecomunicacións fixa mediante fibra óptica, o nó de comunicacións máis próximo localizado na PO-404 no lugar de A Pinza, coa súa sede central, situada na estación depuradora de augas residuais (ETAP) de Guillarei, en Tui.

Pages

Subscribe to RSS - Alcaldía