O Mercado de San Antonio pioneiro ao ofrecer taquillas intelixentes para a recollida de produtos
O Mercado Municipal de San Antonio consolídase como referente na modernización do comercio de proximidade. Dentro do proxecto de reforma integral levado a cabo este espazo dotouse dun servizo innovador e pioneiro como son taquillas intelixentes que permiten a recollida de produtos fóra do horario habitual de apertura.