O próximo martes retómase a actividade comercial na praza de Abastos tras a reforma integral do edificio
Tras completar a reforma integral do edificio a praza de abastos de Tui retoma a súa actividade comercial o próximo martes, 16 de xullo.
Tui conta cunha longa tradición industrial e comercial, cunha importante actividade dende inicios do século XX, marcada en boa parte polas relacións comerciais con Portugal. Na actualidade a cidade mantén esa tradición cunha presenza de comercios de diversos sectores, ao que se suma a existencia, no Parque Empresarial de Areas, dun centro comercial Outlet. Semanalmente, os xoves, celébrase un mercado nas rúas novas e no Paseo da Corredoira. Tamén o Mercado de Abastos rexistra unha importante actividade sendo os días prinicipais os xoves e os sábados.
Tras completar a reforma integral do edificio a praza de abastos de Tui retoma a súa actividade comercial o próximo martes, 16 de xullo.
Tui acollerá en xuño dous talleres especializados en Intelixencia Artificial dirixidos especificamente ao pequeno comercio. Son froito da colaboración entre a Oficina Acelera Peme Rural de AEMOS e Concello de Tui. Celebraranse o luns 8 e o mércores 10 de 15 a 17 h na Aula Cemit, no edificio Francisco Sánchez.
O Concello de Tui vén de abrir trámite de consulta previa á elaboración do proxecto de Ordenanza municipal reguladora da instalación de terrazas. A cidadanía, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións dende hoxe e durante o prazo de quince días naturais a través dunha instancia xenérica na sede electrónica do Concello.
O Concello de Tui vén de sacar a licitación 20 postos do Mercado de Abastos por un período de 15 anos. As persoas interesadas dispoñen de 15 días naturais contados dende hoxe, é dicir até o 29 de maio, para presentar as súas propostas.
A praza de abastos de Tui pechará a partir do próximo luns, 6 de maio, debido ao inicio da segunda fase das obras de reforma que se están a executar e que supoñen un investimento de 1,3 millóns de euros. Onte á tarde nunha reunión entre o goberno municipal e os e as praceiras acordaron que por motivos de seguridade, tanto para os propios vendedores coma para compradores, cesará a actividade na praza durante aproximadamente catro semanas.
Este venres, 22 de marzo, ás 11.30 h no Paseo Fluvial presentarase a Festa do Meixón que se vai celebrar do 23 de marzo ao 8 de abril dentro da programación das Festas de San Telmo 2024.
A presentación correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Comercio, Ana Núñez, e os representantes dos restaurantes participantes e da adega Sergio Álvarez.
A praza da Inmaculada acollerá o sábado 30 e o domingo 31 de marzo o III Encontro de Viños da Raia, que será unha das citas gastronómicas do programa das Festas de San Telmo 2024.
Este mediodía o alcalde, Enrique Cabaleiro e a concelleira de Comercio, Ana Núñez, xunto a Natalia Rodríguez da adega Corisca, Mar Domínguez da adega María Bargiela e Juan Xesteiro da Adega Xesteiro, presentaron esta terceira edición.
Mañá martes, 19 de marzo, ás 12 h, na casa do concello terá lugar a presentación do III Encontro de Viños da Raia que se vai celebrar o sábado 30 e o domingo 31 de marzo na praza da Inmaculada dentro da programación das Festas de San Telmo.
A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Comercio, Ana Núñez, da concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, xunto a unha representación das adegas participantes.
Mañá venres, 15 de marzo, ás 11 h na sala de reunións da Casa do Concello de Tui presentarase a programación das Festas de San Telmo 2024, que se van celebrar do 30 de marzo ao 8 de abril.
O Concello de Tui vén de abrir unha consulta pública ante a elaboración dunha nova Ordenanza reguladora do Mercado Municipal de Abastos solicitando á poboación en xeral, aos praceiros e praceiras, e ás organizacións máis representativas que puideran estar afectadas polo documento o seu parecer sobre os problemas que se pretenden solucionar con esta iniciativa, a necesidade e oportunidade da súa aprobación, os obxectivos da norma, e as posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias. Durante dez días, contados dende hoxe, as persoas interesadas poderán presentar por rexistro