O Concello de Tui pon en marcha unha enquisa para coñecer os hábitos de compra dixital da cidadanía tudense
Comprender os hábitos de compra dixitais das persoas que viven en Tui é o obxectivo dunha nova enquisa que vén de iniciar o Concello de Tui dentro do Programa de reforma e modernización do mercado municipal e a dixitalización do comercio local. Esta actuación está financiada por fondos europeos Next Generation, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.




