Recomendar o comercio local de Tui ten premio
Dentro da campaña de promoción do comercio e do mercado local de Tui que está en marcha durante o período de rebaixas e Entroido ponse en marcha o sorteo dunha experiencia en establecementos tudenses. Trátase dun bono para unha experiencia dunha cea para dúas persoas en Emma Gastrobar e unha estadía dunha noite na Torre do Xudeu con almorzo.