Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui conta cunha longa tradición industrial e comercial, cunha importante actividade dende inicios do século XX, marcada en boa parte polas relacións comerciais con Portugal. Na actualidade a cidade mantén esa tradición cunha presenza de comercios de diversos sectores, ao que se suma a existencia, no Parque Empresarial de Areas, dun centro comercial Outlet. Semanalmente, os xoves, celébrase un mercado nas rúas novas e no Paseo da Corredoira. Tamén o Mercado de Abastos rexistra unha importante actividade sendo os días prinicipais os xoves e os sábados. 

O chef Miguel Rodríguez participa este sábado nos Obradoiro de Cociña de Nadal no Mercado Municipal

Undefined

Novas propostas para cociñar este Nadal chegarán este sábado ao Mercado Municipal de Tui da man do tudense Miguel Rodríguez, chef do Parador de Baiona e coordinador da cociña no Parador de Tui. Será dentro dos Obradoiros de Cociña de Nadal que organiza a concellería de Comercio.

Nesta ocasión Miguel Rodríguez ensinará, na praza de abastos, coma elaborar unha crema de marisco, ovo poché, empanadilla crocante e biscoito coma aperitivo, e peixe de mercado envolto en algas sobre cogomelos e ovas de peixe voador.

A entrada é de balde, e non é preciso reserva previa.

O Mercado de Nadal inunda coa maxia destas festas o Paseo da Corredoira

Undefined

A maxia do Nadal inundará a partir do luns, 5 de decembro, o Paseo da Corredoira de Tui. Até o 5 de xaneiro este céntrico emprazamento acollerá o Mercado de Nadal organizado polo Concello de Tui. Artesanía, gastronomía, produtos de agasallo, decoración…todos vinculados ao Nadal e elaborados artesanalmente ocuparán as dez casetas de madeira, coidadosamente decoradas e iluminadas, que acollerán a trintena de postos que participarán nesta actividade durante as catro quendas establecidas.

Obradoiros de Cociña de Nadal no Mercado Municipal os sábados de decembro

Undefined

O Mercado Municipal de Tui acollerá neste mes de decembro uns Obradoiros de Cociña de Nadal co obxectivo de pór en valor o produto local e convidar a coñecer novas elaboracións de cara a estas festas de Nadal. Ao tempo poténciase o valor da praza de abastos que destaca pola excelente relación de calidade-prezo nos seus produtos. Os obradoiros desenvolveranse os sábados 3, 10 e 17 de decembro ás 11 h.

Até o 10 de xaneiro está aberto o prazo para renovar a autorización de postos no mercado semanal

Undefined

Até o 10 de xaneiro está aberto o prazo, no Concello de Tui, para presentar as solicitudes de renovación dos postos no mercado semanal que os xoves se celebra na prolongación da rúa Casal Aboy. As persoas vendedoras deberán presentar a solicitude no modelo normalizado, dispoñible na web www.tui.gal, xunto coa documentación requirida.

O Concello de Tui pon en marcha a campaña #ElixeTui, para incentivar o consumo local

Undefined

O Concello de Tui quere elevar o seu comercio local ás alturas. Neste camiño vén de poñer en marcha unha campaña promocional de apoio ao comercio de proximidade baixo o lema #ElixeTui, unha orixinal campaña impulsada dende a área de comercio coa que se busca “impulsar e promocionar a compra nos establecementos locais sensibilizando á veciñanza da importancia de consumir en clave local para activar a economía, defender o emprego e impulsar o crecemento da nosa cidade en beneficio de todos e todas”, como sinala a concelleira de Comercio, Ana Núñez.

Tui celebra esta fin de semana a II Feira da Cabaza

Undefined

A cabaza será a protagonista esta fin de semana do Samaín en Tui coa celebración da segunda edición da Feira da Cabaza. A cita será no edificio dos antigos xulgados na praza da Inmaculada. Exposición e venda de cabazas, obradoiros infantís de cociña, showcooking, e música en directo formarán parte do programa previsto.

O programa comezará este sábado día 29  cun obradoiro de cociña con cabaza para nenos e nenas de 5 a 12 anos impartido por Raquel e Elena Alonso Galván de Cociñarte. Haberá dúas quendas  ás 17:00 h e ás 18:30 h.

Tui solicita máis de 1,6 millóns de euros para transformar o mercado municipal e o comercio local

Undefined

Facer o noso tecido comercial e o mercado municipal máis competitivo, moderno e adaptado ás necesidades e tendencias de consumo actuais son parte dos obxectivos que persegue o proxecto de “Reforma e modernización do mercado municipal e dixitalización e revitalización do comercio local de Tui”, segundo informa o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro e a concelleira de Comercio e Mercados, Ana Núñez.

Páginas

Suscribirse a RSS - Comercio