Será este venres ás 20h, logo de ter que suspenderse en outubro Títeres Tanxarina presenta “Ah, ah, ah estamos monstros de risa”
Será este venres ás 20h, logo de ter que suspenderse en outubro
Títeres Tanxarina presenta “Ah, ah, ah estamos monstros de risa”
Recomendada para público familiar a partir de 5 anos ten unha duración de 50 minutos
Martes, 7 de decembro de 2010. Un espectáculo infantil de monicreques de fíos e actores é que o chega este venres ao Teatro Municipal de Tui dan man da compañía redondelá Tanxarina Teatro. Ás 20h van presentar a obra “Ah, ah, ah estamos monstros de risa” escrita por Luís Cuntín e Cándido Pazo. Está dirixida a público familiar a partir dos 5 anos e ten 50 minutos de duración.
Este espectáculo estaba previsto para o pasado mes de outubro, pero daquela tivo que se suspendido por problemas familiares dun dos integrantes da compañía. Agora regresan a Tui para levar a cabo a representación.
“Ah, ah, ah estamos monstros de risa” ten coma protagonistas ao profesor Frankestein e ao seu axudante Igor. Este último na ausencia do profesor decide montar unha barraca de feira co monstro que o seu amo estuda no laboratorio. Ao regreso de Frankestein prodúcense unha serie de situación cómicas nas que se mostran as personalidades destes dous entrañables personaxes acompañados polas extraordinarias criaturas que o profesor estuda, e que teñen habilidades incribles.
Títeres Tanxarina fundouse en 1983 e dende entón converteuse nunha das formacións máis recoñecidas e prestixiosas do teatro de monicreques en galego tanto dentro coma fóra de Galicia. A súa presenza é habitual en festivais de teatro tanto en España, coma no resto de Europa e mesmo en América
As entradas para esta representación están xa á venda en www.culturatui.info ao prezo de 3€ e 2€ ou pódense adquirir o propio venres dende ás 18.30h no despacho de billetes da Área Panorámica.


Tanxarina Teatro con “Ah, ah, ah estamos monstros de risa”
Lugar: Teatro Municipal
Data e hora: Venres, 10 de decembro ás 20h
Entradas: 3€ - 2€
Venda de localidades: en www.culturatui.info ou o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes da Área Panorámica
www.tanxarina.es