Rematou a actividade “Mozos e mozas fan equipo”
11/11/2010
Rematou a actividade “Mozos e mozas fan equipo”
Onte mércores rematou a actividade “Mozos e mozas fan equipo” organizada pola Concellería de Muller do Concello de Tui, que dirixe Patricia Ricón, dentro dos actos programados para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero que se celebra o 25 deste mes.
Esta actividade consistiu nunha actividade de rafting na que xa participaron alumnos de Maristas e do IES Francisco Sánchez e onte o fixeron os do IES San Paio que realizaron a baixada en cinco embarcacións.







