O Festival Via Stellae presenta en Tui o programa “Música e arte”
A cita será o sábado pola tarde
O Festival Via Stellae presenta en Tui o programa “Música e arte”
Ofrecerá visitas guiadas e concertos na Catedral e na Igrexa de Santo Domingo
Mércores, 21 de xullo de 2010. “Música e Arte” é o título do programa que este sábado, 24 de xullo, achega a Tui o V Festival de Música de Compostela e os seus camiños, Via Stellae. A proposta é singular xa que na mesma combinan ás visitas guiadas e os concertos dous templos destacados da cidade coma son a S.I. Catedral e a Igrexa de Santo Domingo.
O V Festival de música de Compostela e os seus camiños, Via Stellae, chega este sábado a Tui con dobre proposta dentro do programa “Música e arte” no que se mestura un concerto musical cunha visita guiada.
A primeira proposta chega o sábado ás 16.30h cunha visita guiada á Catedral seguida dun concerto, ás 17.30h, a cargo do grupo Resonet con Mercedes Hernández coma soprano. Interpretarán “Romances do Camiño” que inclúe composicións do barroco inspiradas no Camiño de Santiago.
A actividade trasládase ás 18.30h ata a Igrexa de Santo Domingo onde haberá unha visita guiada e ás 20h José Hernández Pastor, contratenor, e Arial Abramovicj, vihuela de man interpretarán obras do compositor renacenstista Alonso Mudarra do que este ano se cumpre o seu V Centenario. Este será o único concerto en Galicia que ofrezan estes dous músicos.
A entrada para os concertos é libre ata completar o aforamento dos espazos onde se celebra. Para participar nas visitas so é preciso estar á hora prevista na Catedral ou na Igrexa de Santo Domingo.
Festival Via Stellae
- Sábado 24 de xullo
o Na Catedral
§ Ás 16.30h Visita Guiada
§ Ás 17.30h Concerto do grupo Resonet con Mercedes Hernández, soprano
o Na Igrexa de Santo Domingo
§ Ás 18.30h Visita Guiada
§ Ás 20h Concerto de José Hernández Pastor, contratenor, e Ariel Abramovicj, vihuela de man