O Encontro dos Pobos comeza mañá martes en Tui Celébrase ás 22.30h na Praza de San Fernando
O Encontro dos Pobos comeza mañá martes en Tui
Celébrase ás 22.30h na Praza de San Fernando
Luns, 19 de xullo de 2010. Mañá martes a Praza de San Fernando, en Tui, acolle dende ás 22.30h o XVII Encontro dos pobos organizado polo grupo guardés “Do Lusco ó Fusco”, coa colaboración neste caso da Concellería de Cultura de Tui.
Este evento abre cada ano unha ventá ao folclore internacional achegando ata a comarca a grupos doutros países. Este ano o Encontro do Pobos inicia a súa actividade en Tui percorrendo ata o domingo os outros concellos baixomiñotos e este ano tamén Nigrán.
Actuarán na Praza de San Fernando o grupo “O Mosteiro” de Pexegueiro, “Do Lusco ó Fusco” da Guarda, Fethiye Gazi School de Turquía e Ar Skewell da Bretaña francesa.
Asunto: XVII Encontro dos Pobos
Data: Martes 20
Lugar: Praza de San Fernando
Actuación dos grupos:
- “O Mosteiro” de Pexegueiro
- “Do Lusco ó Fusco” da Guarda
- Fethiye Gazi School de Turquía
- Ar Skewell da Bretaña francesa.