Comezo da actividade “mozas e mozos fan equipo” postas en marcha pola concellaría de muller co gallo da celebración do día 25 de Novembro, día internacional contra a violencia de xénero.
COMEZO DA ACTIVIDADE “MOZAS E MOZOS FAN EQUIPO” POSTAS EN MARCHA POLA CONCELLARÍA DE MULLER CO GALLO DA CELEBRACIÓN DO DÍA 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Onte comezou a actividade “MOZAS E MOZOS FAN EQUIPO” dentro do programa “Relación Home - Muller 100% positiva” programado pola Concellería de Muller, que dirixe Patricia Ricón Alonso, co gallo da celebración do día 25 de novembro, Día internacional contra a violencia de xénero.


Esta actividade lúdico- deportiva consiste nun descenso de dúas horas facendo rafting por un tramo do río Miño en embarcacións mixtas, e no que van a participar todos os IES do municipio, con entre 3 e 5 lanchas de 9 persoas cada unha, segundo o número de participantes por cada xornada.
Onte comezaron esta actividade os alumnos do IES Irmáns Maristas, e proximamente participarán o IES Francisco Sánchez e o IES San Paio.