Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Encontro dos Pobos comeza mañá martes en Tui Celébrase ás 22.30h na Praza de San Fernando

19/07/2010

O Encontro dos Pobos comeza mañá martes en Tui

Celébrase ás 22.30h na Praza de San Fernando

 

Luns, 19 de xullo de 2010. Mañá martes a Praza de San Fernando, en Tui, acolle dende ás 22.30h o XVII Encontro dos pobos organizado polo grupo guardés “Do Lusco ó Fusco”, coa colaboración neste caso da Concellería de Cultura de Tui.

 

Este evento abre cada ano unha ventá ao folclore internacional achegando ata a comarca a grupos doutros países. Este ano o Encontro do Pobos inicia a súa actividade en Tui percorrendo ata o domingo os outros concellos baixomiñotos e este ano tamén Nigrán.

 

Actuarán na Praza de San Fernando o grupo “O Mosteiro” de Pexegueiro,  “Do Lusco ó Fusco” da Guarda, Fethiye Gazi School de Turquía e Ar Skewell da Bretaña francesa.

 

 

 

 

Asunto: XVII Encontro dos Pobos

Data: Martes 20

Lugar: Praza de San Fernando

Actuación dos grupos:

  • “O Mosteiro” de Pexegueiro
  • “Do Lusco ó Fusco” da Guarda
  • Fethiye Gazi School de Turquía
  • Ar Skewell da Bretaña francesa.