Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local. 

Anuncio da resolucion provisional de admitidos e excluídos do proceso selectivo de técnico de turismo

Undefined

Os aspirantes excluídos do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun técnico medio para a oficina de turismo, disporan de 3 días hábiles (que rematan o vindeiro dia 12/06/2018) para presentar alegacións a mesma

 

enlace a lista provisional

As bibliotecas móbiles de Tui baseadas no proxecto de Aldea del Talento son as primeiras en estar rematadas en España

Undefined

A arquitecta Helena del Río desprazouse hoxe dende Cantabria ata Tui para coñecer in situ as bibliotecas móbiles elaboradas polos alumnos do curso de “Montaxe de mobles e elementos de carpintería”, impartido no Municipal Centro de Formación, baseándose nos seus deseños.

A realización de bibliotecas móbiles proxecto destacado do curso de “Montaxe de mobles e elementos de carpintería” impartido nos últimos catro meses

Undefined

A realización de tres biblioteca móbiles destinadas aos centros escolares tudenses, baseadas no proxecto inicial de Aldea del Talento, foi o proxecto destacado realizado polos 15 alumnos do curso de “Montaxe de mobles e elementos de carpintería” impartido polo Concello de Tui no Centro Municipal de Formación. 

Reestruturada a zona de Secretaría para ofrecer un mellor servizo aos cidadáns

Undefined

A zona de Secretaría na planta baixa da Casa do Concello vén de ser reestruturada ofrecendo un entorno máis axeitado tanto para os traballadores coma para o público que acode a realizar calquera xestión.

Coa nova distribución, coa que se creou un espazo máis aberto, sinalizáronse con carteis indicativos os trámites que se realizan en cada posto de traballo, de tal xeito que o cidadá pode identificar claramente a quen dirixirse en función da xestión pola que acode até o concello.  

Aberta a convocatoria para a contratación dun docente para impartir os módulos de “Inserción laboral, sensibilización ambiental e na igualdade de xénero” e “Formación para a igualdade”

Undefined

Até o venres 9 de marzo está aberto o prazo de presentación de solicitudes para acceder ao proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun/dunha docente para impartir os módulos de “Inserción laboral, sensibilización ambiental e na igualdade de xénero FCOO03” e “Formación para a igualdade FCOXXX05” para os cursos “IMAI0108 Operacións de fontanería e calefacción climatización doméstica”, “MAMR0108 Montaxe de mobles e elementos de carpintería” e “ELEE0108 Operacións auxiliares de montaxe de redes eléctricas”.

Páginas

Suscribirse a RSS - Emprego