Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

As artes de rúa conquistan a Eurocidade Tui-Valença esta fin de semana

Undefined

As artes de rúa conquistan esta fin de semana a Eurocidade Tui-Valença coa primeira edición do Festival Internacional de Artes de Rúa da Eurocidade Tui-Valença. Dende este venres, 23 de xullo, ao domingo 25 de xullo, haberá un total de 24 espectáculos para público familiar no Jardim Municipal, no Jardim das Amoreiras e no Governo Miitar en Valença e na praza do Concello, o Paseo da Corredoira e o Paseo Fluvial de Tui.

Mañá preséntase o Festival Internacional de Artes de Rúa da Eurocidade Tui-Valença

Undefined

Mañá martes, 20 de xullo, ás 16 hora española presentarase na Pousada de San Teotonio en Valença o I Festival Internacional de Artes de Rúa da Eurocidade Tui-Valença.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do presidente da Cámara Municipal de Valença, Manuel Lópes, da concelleira de Cultura de Tui, Sonsoles Vicente, e do vareador de Cultura de Valença, Mario Rui Oliveira. 
 

Esta tarde inaugúrase a mostra “Via Lusitana” na Sala Municipal

Undefined

Hoxe, martes, 13 de xullo, ás 20.30 h será inaugurada a exposición “Via Lusitana. O espazo xacobeo no Norte de Portugal e Galicia”. Está organizada pola Xunta de Galicia no marco das actividades do Ano Xacobeo 2021-2022, e conta nesta ocasión coa colaboración do Concello de Tui.

O acto contará coa presenza de representantes do Concello de Tui e de Turismo da Xunta de Galicia.

Ana Belén Rodríguez Trío actúa este venres ás 22 h na praza de San Fernando

Undefined

A praza de San Fernando será o escenario do concerto de Ana Belén Rodríguez Trío este venres, 16 de xullo, ás 22 h dentro do ciclo “Música no ar” da Deputación de Pontevedra. A formación está integrada por Ana Belén Rodríguez, piano; Noelia Álvarez, voz; e Kiri Cabaleiro, gaita, frauta, percusión.

O cinema no Paseo Fluvial abre a programación cultural do verán

Undefined

O cinema abre a programación cultural do verán en Tui. O Paseo Fluvial volverá converterse nunha sala de cinema ao aire libre con capacidade para 300 persoas. Tres son as películas que o público poderá gozar esta semana “Zog y los doctores voladores”, “El viaje de Chihiro” e “Stand by me”.  As entradas poden reservarse de forma gratuía en www.tui.gal. 

Entradas Verán 2021

Undefined

CINEMA

O Paseo Fluvial acollera seis proxección de cinema este verán ao abeiro da programación cultural.  Haberá 300 prazas en cada unha delas que se poden reservar dende ás 12 h do luns da semana da proxección.

Tui presenta unha ambiciosa programación de verán con seis festivais internacionais

Undefined

Seis festivais, cinema, música, teatro e danza conforman a programación cultural que este verán se poderá gozar en Tui. Co lema “Saímos con sentidiño” dende o próximo martes 13 de xullo e até finais de setembro poderemos gozar dunha oferta cultural diversa, variada, e internacional con todas as medidas de seguridade.  Vén recollida nun novo número da Axenda Cultural Corredoira da que se editan 12 mil exemplares. Está xa accesible en www.tui.gal.

Derradeiro concerto do alumnado e profesorado do Conservatorio e da Escola de Música de Tui

Undefined

Mañá terá lugar o derradeiro concerto do alumnado e profesorado do Conservatorio Profesional e da Escola de Música de Tui, nun ciclo que comezou o pasado mes de xuño coa colaboración da concellería de Cultura. 

A cita será mañá xoves, 8 de xullo, ás 19.30 h no Paseo da Corredoira. Actuarán conxuntos de gaitas, saxos, e vento metal formados por alumnado do Conservatorio, e tamén participarán alumnos solistas. Con diferentes formacións interpretarán composicións de distintos estilos dende o folk, a música clásica, pop, jazz ou BSO. 
 

Visita comentada á exposición “Espazo do Eu” pola autora Cora Novoa

Undefined

Este xoves, 8 de xullo, ás 11.30 h terá lugar unha visita comentada á mostra “Espazo do Eu” a cargo da súa autora Cora Novoa. Poden asistir todas as persoas interesadas até completar o aforo establecido.

A exposición pode visitarse até este sábado na Sala Municipal, na Área Panorámica. A mostra é o traballo de  fin de grado realizado pola artista tudense na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, da Universidade de Vigo.

Páginas

Suscribirse a RSS - Cultura