O proxecto “Oficinas Efímeras” de Jorge Enríquez executado no edificio Francisco Sánchez galardoado cun dos premios Gran de Area de Aportación á Arquitectura 2021
O Concello de Tui amosa a súa satisfacción polo galardón recibido polo proxecto “Oficinas Efímeras” encargado polo Concello ao arquitecto Jorge Enríquez Méndez, que é un dos trece galardoados cos premios Gran de Area de Aportación á Arquitectura 2021.
Dende o Concello saliéntase amais o feito de que sexan dous os arquitectos tudenses que recibirán no mes de decembro este premio, xa que Rubén Rodríguez Iglesias tamén está entre os 13 galardoados polo proxecto “Un estuche en una caja. Apartamento no centro de Vigo”.