Así é o MUMI 2021 na Eurocidade Tui-Valença: dezasete showcases, dous concertos especiais e faladoiros profesionais
Bota andar o MUMI 2021 o xoves 9 de setembro na Eurocidade Tui-Valença cun programa cargado de música ao vivo, no que os encontros entre empresas e profesionais de Galicia e Portugal queren tender novas pontes entre o sector da música. Até o 11 de setembro, dezasete showcases de bandas e artistas portugueses e galegos, a estrea absoluta da Orquestra de Liberación Galego-Portuguesa na apertura do evento, faladoiros e encontros profesionais, e o concerto especial de peche que reúne no escenario aos Galandum Galundaina e a Uxía, dan corpo ao MUMI Encontro Profesional das Músicas no Minho.