Pleno extraordinario da corporación municipal este xoves, 5 de outubro
Este xoves ás 20 h a corporación municipal de Tui celebrará sesión plenaria extraordinaria, será a sesión 11/2023, cos seguintes asuntos na orde do día:
A) Parte resolutiva:
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Este xoves ás 20 h a corporación municipal de Tui celebrará sesión plenaria extraordinaria, será a sesión 11/2023, cos seguintes asuntos na orde do día:
A) Parte resolutiva:
Hoxe, 27 de setembro, celébrase o Día Mundial do Turismo, centrado este ano a nivel internacional no turismo verde. Coincidindo con esta data o Concello de Tui fai balance dos investimentos verdes realizados ou previstos no municipio grazas aos máis de 7 millóns de euros de fondos europeos conseguidos para este fin, nunha aposta inequívoca para impulsar un desenvolvemento sostible e respectuoso co medio ambiente.
Tui contará cun investimento de preto de 2 millóns de euros do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia NextGenerationEU que posibilitarán a rehabilitación da Praza de Abastos e do Cárcere Vello. Ambas obras están nestes momentos en licitación e prevese que poidan comezan a executarse antes de que remate o ano.
Un ano máis o concello de Tui celebra o Día Internacional do Turismo, que se conmemora o mércores 27 de setembro, e farao nesta ocasión pondo en marcha unha completa programación que durará ata a fin de semana e que combinará actividades para a cidadanía con actividades para os profesionais do sector turístico que opera na cidade, poñendo o aceno nos investimentos verdes tal e como marca a temática desta efeméride internacional.
O Consorcio de Augas do Louro vén de celebrar a constitución do novo comité directivo. Trátase da primeira sesión celebrada logo das eleccións locais do 28 maio tralas que se constituíron os novos gobernos municipais nos catro concellos que conforman a entidade: Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui.
As instalacións do Club Hípico Equigalia acollerán esta fin de semana un Concurso Nacional de Saltos que vai reunir a medio centenar de destacados xinetes e amazonas.
O próximo luns, 18 de setembro, ás 12.30 h, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do Concurso Nacional de Saltos, evento hípico organizado polo Club Hípico Equigalia, en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Tui. Esta proba deportiva celebrarase do venres 22 ao domingo 24 de setembro, nas instalacións deportivas de Equigalia.
A corporación municipal de Tui celebra hoxe xoves, 14 de setembro, ás 17 h sesión plenaria de carácter extraordinaria e urxente. A sesión nº10/2023 ten un total de 2 puntos na orde do día.
Unha xornada de portas abertas e unha mesa redonda abren mañá xoves en Tui os actos conmemorativos do 60 aniversario da presenza en Tui do patrulleiro Cabo Fradera.
O Consorcio de Augas do Louro vén de iniciar as obras de construción dunha instalación de enerxía solar fotovoltaica na EDAR de Guillarei, en Tui. Trátase dunha planta para autoconsumo de 420 kWp de potencia que contará con máis de 2.000 metros cadrados de paneis distribuídos en catro zonas.
A primeira situarase no chan sobre unha zona axardinada mentres que as outras tres situaranse sobre as cubertas do edificio de control e dos edificios de pretratamento e de tratamento de lodos.