Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Faleceu o ilustrador tudense Martin Rodriguez,Mención Honorífica Especial do Concello de Tui

Undefined

Dende o Concello de Tui lamentamos o pasamento de Martín Rodríguez Álvarez, ilustrador tudense que o ano pasado recibía a Mención Honorífica Especial do Concello de Tui en recoñecemento a súa traxectoria persoal e artística, onde a cidade de Tui ten ocupado un lugar preeminente.  

Aínda que residía en Santa Cruz de Tenerife mantiña unha constante relación con Tui. A derradeira visita que realizou a cidade foi en xuño do ano pasado, cando se lle fixo entrega da Mencion Honorifica Especial.

Mañá venres remata a primeira quenda do campamento de verán Igual É +

Undefined

A primeira quenda do campamento de verán Igual É +, 2023 organizado polo Concello de Tui a través das concellerías de Deportes e Igualdade, remata mañá venres día 14.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Igualdade, Ana María Núñez, compartiron hoxe uns minutos cos nenos e nenas interesándose polas actividades que realizaron estes días e entregándolles unhas camisetas de agasallo.

Chuny Vázquez presenta unha retrospectiva da súa obra pictórica en Tui

Undefined

A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, no edificio Francisco Sánchez, acolle até o venres 28 deste mes a exposición “Un canto á cor e á vida” da guardesa Chuny Vázquez.

A mostra está conformada por 73 cadros de distintas etapas pictóricas da artista e agrupados por temática: personaxes, barcos, flores… A colección que presenta está dominada pola cor, pero tamén recolle algunha das súas obras realizadas en rotulador negro.

O martes a corporación municipal celebra pleno extraordinario

Undefined

A corporación municipal de Tui celebrará o próximo martes, 11 de xullo, ás 20 h sesión plenaria de carácter extraordinario con doce puntos na orde do día. Son os seguintes: 

1º. Aprobación, se procede, dos borradores das actas das sesións anteriores: extraordinaria nº 6/2023, do 17/06/2023 e extraordinaria nº 7/2023, do 23/06/2023.

2º. Expediente 1419/2023. Proposta de Alcaldía de data 06/07/2023 sobre creación e composición das comisións informativas permanentes.

O Concello de Tui recibirá case 800.000€ do plan PON2030 da Deputación para a humanización de Augusto González Besada e a Corredoira

Undefined

O Concello de Tui humanizará a rúa Augusto González Besada e a Corredoira Sur, incluíndo a praza da Inmaculada. Deste xeito, reunificarase a rúa Augusto González Besada, a praza da Inmaculada e a Corredoira nunha plataforma única.

Tui alberga este domingo o IX Campionato Ibérico de Kung Fu tradicional e moderno

Undefined

Este domingo, o pavillón municipal Gustavo Rodríguez de Tui acollerá a novena edición do Campionato Ibérico de Kung Fu en modalidade tradicional e moderna. A proba, que arrincará ás 10.30h da mañá e terá entrada de balde, está organizada polo club Ximnasia e Auga Di Som de Tui e a Federación Galega de Kung Fu en colaboración co Concello de Tui, a Eurocidade Tui-Valença e a Xunta de Galicia.

Hoxe tomou posesión a nova corporación municipal e foi investido alcalde Enrique Cabaleiro

Undefined

A nova corporación municipal de Tui tomou posesión este mediodía no pleno celebrado no salón de sesións da casa do concello.

Enrique Cabaleiro do Partido Socialista, foi investido alcalde ao ser o candidato da lista máis votada o 28M.

A sesión comezou coa constitución da mesa de idade formada por José Martínez Tato e Pilar Gregores. A continuación e tras comprobar as credenciais tomaron posesión cada un dos concelleiros e concelleiras que xuraron ou prometeron o seu cargo.

O luns comezan as obras de humanización da rúa Lugo

Undefined

O próximo luns, 19 de xuño, comezarán as obras de humanización da rúa Lugo en pleno centro urbano de Tui. Por este motivo non se poderá nin circular nin estacionar neste vial. Haberá tamén cambios no tráfico na rúa Ourense, xa que provisionalmente mentres duren as obras suprimirase o aparcamento en batería para habilitar na intersección entre esta rúa e Colón, Martínez Padín, e Augusto González Besada tres carrís de circulación.

Páginas

Suscribirse a RSS - Alcaldía