Tui incentiva as compras de Nadal no comercio e no mercado local
Impulsar as compras de proximidade no comercio e no mercado local durante o Nadal é o obxectivo da campaña promocional posta en marcha polo Concello de Tui.
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Impulsar as compras de proximidade no comercio e no mercado local durante o Nadal é o obxectivo da campaña promocional posta en marcha polo Concello de Tui.
A padeeira Cristina Soutelo, a futbolista María León, e o padeeiro Pedro Vázquez Llenín recibiron onte á noite o Premio Deportista Tudense na categoría absoluta na Gala do Deporte celebrada no Teatro Municipal de Tui. Un evento no que se recoñeceu os éxitos do deporte tudense e se puxo en valor o patrimonio natural do municipio, que constitúe un magnífico escenario para a práctica deportiva tanto a nivel afeccionado coma profesional.
A corporación municipal de Tui celebra pleno mañá xoves, 30 de novembro, ás 20 h coa seguinte orde do día.
A) Parte resolutiva:
Aprobación das actas das sesións anteriores. Plenos extraordinario nº 9, extraordinario urxente nº 10, extraordinario nº 11 e extraordinario urxente nº 12.
Unha fotografía tomada no Parque Natural do Monte Aloia de Tui é unha das 26 imaxes que conforman a mostra “Berces da Vida. De paseo polos bosques de España” que foi inaugurada esta mañá na Sala Municipal de Exposicións no edificio Francisco Sánchez. A exposición chega a Tui da man de Afundación, coa colaboración do Concello de Tui e ABANCA.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, a coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación, Paloma Vela, e a directora da Oficina de Tui de ABANCA, Mª Teba García.
O Concello de Tui manifestou este mediodía a súa “condena absoluta ante a violencia de xénero” e reafirmou o seu compromiso “coa súa erradicación”. Así se puxo de manifesto na declaración institucional lida por membros da corporación municipal, en concreto, José Martínez Tato do BNG, Anabel Solla do PP e Sonsoles Vicente do PSdG, no acto celebrado na praza Norte da Catedral.
Preto de medio millar de persoas participarán este sábado, 25 de novembro, no VII Urban Trail Night Eurocidade, que partirá ás 19.30 h do Centro Coordenador de Transportes de Valença, e cuxa liña de meta estará situada no Paseo da Corredoira en Tui. Contará, ao igual que en 2022, con dúas distancias 8 quilómetros e 16 quilómetros. A inscrición está aberta até ás 23.59 h deste mércores, 22 de novembro, en www.deporticket.com e en www.lap2go.com.
O 70% do centenar de persoas participantes no Programa Integrado de Emprego clausurado esta semana en Tui incorporáronse ao mercado laboral. O éxito desta acción, na que case de duplicou o obxectivo marcado inicialmente foi posto de relevo no acto de clausura no que participaron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Formación e Emprego, Ana Núñez, e o xefe territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualade, José Antonio Rodríguez, entre outros.
O Concello de Tui e o Consello da Cultura Galega homenaxean ao tudense Francisco Sánchez con motivo do cuarto centenario do seu pasamento. Será o próximo martes, 14 de novembro, na Sala Félix Rodríguez coa “Xornada Francisco Sánchez no IV Centenario da súa morte”.
Mañá martes, 7 de novembro, ás 11 h na casa do concello terá lugar a presentación da “Xornada Francisco Sánchez no IV Centenario da súa morte” organizada polo Consello da Cultura Galega e o Concello de Tui. Este evento celebrarase en Tui o martes, 14 de novembro.
A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, do secretario do Consello da Cultura Galega, Silvestre Gómez Xurxo, e do director do coro Vox Stellae, Luís Martínez.
Dende hoxe venres, 3 de novembro, a Sala Municipal de Exposición do Concello de Tui acolle unha exposición dedicada á figura do egrexio médico e filósofo tudense Francisco Sánchez, coincidindo co cuarto centenario do seu falecemento, o 16 de novembro de 1623, na cidade francesa de Tolosa.