O concello de Tui está procedendo á renumeración dos inmobles do termo municipal
O Concello de Tui está procedendo á renumeración dos inmobles do termo municipal, un cambio co que se pretende pór fin aos problemas que se rexistraban até a actualidade tanto no referido á denominación coma a numeración das vivendas e fincas, e tendo en conta a importancia que para a veciñanza ten que tanto os nomes das rúas coma a numeración das vías sexa a correcta. Este cambio foi aprobado de forma definitiva en pleno o 24 de novembro de 2022.