Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

O Concello de Tui convoca un Concurso de Ideas para a Reordenación da Fronte Fluvial de Tui entre a vella Ponte Internacional e os Xardíns de Troncoso

Undefined

Na mañá de hoxe presentouse no Concello de Tui o Concurso de Ideas para a Reordenación da Fronte Fluvial. Estiveron no acto o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto a Antonio Davila, Manuel Martínez e Simón Pereiro da delegación en Vigo do Colexio de Arquitectos de Galicia.

O Concello de Tui apostará polo transporte sustentable co Plan de Mobilidade Sustentable que se presentará en outubro

Undefined

Na mañá de hoxe tivo lugar a presentación do inicio do Plan de Mobilidade Sustentable (PMUS) para o Concello de Tui, adxudicado a empresa Eptisa por un importe de preto de 13.000 euros, financiados pola Deputación de Pontevedra na súa totalidade.

O documento definitivo, que será presentado, como data límite o 20 de outubro, será a folla de ruta para mellorar a mobilidade na cidade, dando prioridade ós peóns e transporte público ou eléctricos sobre os vehículos privados, reducindo así o gasto enerxético o e impacto medioambiental. 

O novo folleto turístico Tui Explora recolle 31 plans de sendeirismo, running, ciclismo e piragüismo para coñecer Tui

Undefined

Esta mañá presentouse na casa do concello de Tui o novo folleto turístico Tui Explora elaborado pola empresa Sherpa Project. Propón 31 plans para percorrer e coñecer 319 qms de Tui.  A presentación correu a cargo do alcalde de Tui e concelleiro de Turismo, Carlos Vázquez Padín, e o encargado do proxecto e responsable de Sherpa Project, Guti Martín Hermida.

O Concello de Tui vén de presentar denuncia por presunta estafa de suplantación de identidade dunha empresa fornecedora

Undefined

O Concello de Tui formalizará hoxe, 6 de maio, denuncia ante a Policía Xudicial, por unha presunta estafa de suplantación de identidade da que puido ter sido obxecto.  Á maior  brevidade procederase ao nomeamento de avogado para a defensa dos intereses municipais e para lograr a recuperación do importe presuntamente estafado que ascende a 110.569,52 €.

O Concello de Tui e o Festival IKFEM asinan un convenio de colaboración anual por importe de 15.000€ de Tui e o Festival IKFEM asinan un convenio de colaboración anual por importe de 15.000€

Undefined

Na mañá de hoxe tivo lugar na casa do concello a sinatura do convenio de colaboración entre o Concello de Tui e a Asociación Xuventudes Musicais Eixo Atlántico, antigamente Asociación Musicais de Tui, organizadora do IKFEM, Festival Internacional de Instrumentos de Tecla da Eurocidade Tui-Valença.  Asinaron o convenio o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, e a directora do IKFEM, Andrea González.

Páginas

Suscribirse a RSS - Alcaldía