O Concello de Tui reunirase proximamente cos afectados de Paramos para solucionar as dúbidas e explicar a situación actual do procedemento urbanístico
O Concello de Tui convocará nos próximos días a unha reunión informativa aos afectados de Paramos e Guillarei pola explosión do 23 de maio de 2018. O alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Urbanismo, Yolanda Rodríguez, e o técnicos municipais explicarán de xeito pormenorizado a situación actual e resolverán as dúbidas que os propios afectados poidan plantexar.