As novas oportunidades do turismo coma xerador de emprego serán analizadas nunha xornada en Tui
“Turismo e emprego: un futuro mellor para todos” é título da xornada que se vai celebrar o próximo venres, 27 de setembro, en Tui coa que o Concello se suma á conmemoración do Día Mundial do Turismo. Terá lugar ao longo da mañá na Aula da UNED, no antigo convento de San Domingos, e pola tarde está prevista unha visita guiada.
Esta xornada foi presentada esta mañá na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Emprego e Formación, Ana Mª Núñez, e o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso.