Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

 

 

 

O Concello de Tui foi beneficiario de máis de 820.000 euros do Plan Máis Provincia 2024 para melloras en infraestruturas e espazos públicos

Undefined

O Concello de Tui acometerá melloras en infraestruturas e espazos público e levará a cabo a redacción de proxectos grazas á achega de 822.094,04€ logrados a través do Plan Máis Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra. Dúas son as liñas das que o Concello tudense resultou beneficiario.

Por unha banda a través da Liña 1 o Concello de Tui recibirá 791.956,24€,  para as seguintes actuacións:

Trece puntos forman parte da orde do día do Pleno que este xoves celebra a corporación municipal de Tui

Undefined

A corporación municipal de Tui celebrará o xoves, 29 de xaneiro, ás 20 h pleno ordinario coa seguinte orde do día: 

A) PARTE RESOLUTIVA 

1. Aprobación da acta da sesión anterior: ordinaria celebrada o 27 de novembro de 2025. 

2. Toma de posesión de D. Jorge Lima Durán do cargo de concelleiro da Corporación Municipal de Tui. 

3. Proposta de designación de Jorge Lima Durán no Consello de Goberno da Radio. 

Comeza a execución do plan “Tui-Salvaterra Cultura Compartida”

Undefined

O Concello de Tui e o Concello de Salvaterra de Miño, celebraron a primeira reunión de coordinación para a posta en marcha do Plan de Actuación Integrado "Tui–Salvaterra Cultura Compartida”. 

No encontro, realizado na casa do concello de Tui, participaron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, a concelleira de Patrimonio de Tui, Ana Núñez, e o concelleiro de Obras de Salvaterra, Ernesto Groba, xunto a técnicos do proxecto.

Tui pon en valor  a súa Catedral en FITUR

Undefined

O Concello de Tui presentou hoxe en FITUR, en Madrid, “Tui, Catedral de Historias” coa que promociona o 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui. Un acontecemento ao que Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, se referiu coma “de especial relevancia histórica, patrimonial e simbólica, pero tamén unha gran oportunidade dende o punto de vista turístico e económico”.

Tui proxecta a nivel internacional o oitavo centenario da consagración da Catedral

Undefined

O Concello de Tui proxectará a nivel internacional o oitavo centenario da consagración da Catedral que até o 30 de novembro deste ano será o eixo da actividade cultural na cidade tudense.

Este mediodía deuse a coñecer a peza documental “Tui, Catedral de Historias”, que incide no lado humano do templo catedralicio. A próxima semana esta campaña chegará a  Madrid, a Feira Internacional de Turismo de Madrid, referente internacional no sector. O mércores 21, ás 14 h, presentarase no stand de Galicia, e o venres 23 ás 12.30 h na sala de presentacións de Turespaña.

Tui acolle esta fin de semana a única regata cronometrada de embarcación 8+ de remo que se celebra en España

Undefined

Espectáculo deportivo de primeiro nivel nas augas do río Miño en Tui este sábado coa celebración da 45ª Regata Miño Internacional, a única regata cronometrada de embarcacións 8+ de remo que nestes momentos se celebra a nivel nacional. A proba é tamén a XXI Copa Presidencia da Deputación de Pontevedra.

Presentación da campaña “Tui, Catedral de Historias”

Undefined

Mañá venres, 16 de xaneiro, ás 12.30 h no Espazo Sociocultural da r/Camilo José Cela terá lugar a presentación da campaña “Tui, Catedral de Historias” conmemorativa do 800 aniversario da Consagración da Catedral de Tui.  O Concello de Tui levará a próxima semana esta campaña a FITUR, a Feira Internacional de Turismo de Madrid, referente mundial no sector turístico. 

Presentación da XLV Regata Miño Internacional

Undefined

Mañá xoves, 15 de xaneiro, ás 11.00 horas, no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación da XLV Regata Miño Internacional, organizada polo Club Remo do Miño, en colaboración co Concello de Tui, coa Federación Galega de Remo, Comandancia Naval do Miño, Deporte Galego da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Protección Civil de Tui. Este evento terá lugar este sábado 17 de xaneiro, nas augas do río Miño.

Páginas

Suscribirse a RSS - Alcaldía