Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

 

 

 

Xornada de portas abertas na EDAR de Guillarei

Undefined

O Consorcio de Augas do Louro e Aqualia organizan, un ano máis, unha xornada de portas abertas con visitas guiadas á EDAR de Guillarei o próximo domingo 22 de marzo con motivo do Día Mundial da Auga.

Esta iniciativa pretende resaltar a importancia da auga como recurso imprescindible para o benestar da sociedade mostrando os procesos de depuración e o conxunto da xestión do ciclo urbano da auga, ademais de sensibilizar sobre o problema da contaminación da auga e concienciar sobre a capacidade persoal de axudar ao medioambiente.

O tudense Carlos Fer é o autor do cartel das festas de San Telmo 2026

Undefined

O tudense Carlos Fer é o autor do cartel das festas de San Telmo 2026. O Concello de Tui, continuando a liña de anos anteriores encargou a un artista local o deseño da imaxe das festas patronais que se van celebrar do 4 ao 13 de abril.  Así o nome de Carlos Fer súmase ao Víctor Aparicio e Carlos Lago que teñen realizado o cartel dos festexos nos últimos anos.

O Concello de Tui aposta así por unha banda por visibilizar a artistas locais, e por outra por reflectir nas imaxes das festas a visión dun ou dunha tudense.

Reunión coas comunidades de augas mañá xoves na casa do concello

Undefined

Este xoves, 5 de marzo, ás 20 h no salón de sesións da casa do concello de Tui celebrarase unha reunión , co Consorcio de Augas do Louro, dirixida a todas as Comunidades de Augas das distintas parroquias tudenses.

O obxectivo do encontro é dar un primeiro paso para identificar e coñecer a situación e características de cada unha das traídas veciñais de cara a analizar a vulnerabilidade da rede de abastecemento ante posibles episodios de seca. 

Tui conmemora o 8M reivindicando unha sociedade máis xusta e igualitaria

Undefined

Baixo o lema “Dereitos, Xustiza e Acción, por e para todas”, neste 8M,  Día Internacional da Muller, o Concello de Tui apela ao cumprimento efectivo da Lei de Igualdade, poñendo o foco na necesidade de que os dereitos conquistados se traduzan en xustiza e acción concreta na vida cotiá das mulleres.

O Concello de Tui, a través da Concellería de Igualdade, deseñou para este 8M unha ampla e diversa programación situando no centro do debate a necesidade de avanzar cara a unha xustiza real e efectiva para as mulleres, en consonancia co chamamento de ONU Mulleres para este 2026.

Reunión informativa en Areas sobre a Senda do Miño

Undefined

O Concello de Tui avanza na recuperación e posta en valor das marxes do río Miño, continuando a liña de traballo iniciada nos últimos anos. Co obxectivo de completar a senda peonil na ribeira do Miño en todo o termo municipal afronta agora o proxecto do tramo entre a vella Ponte Internacional e Areas até o límite co termo municipal de Tomiño.

O Concello de Tui solicita a declaración da ilexitimidade e nulidade dos xuízos e sancións a 137 tudenses durante a ditadura

Undefined

O Concello de Tui solicitou ante os organismos competentes a declaración de ilexitimidade e nulidade dos xuízos e sancións  ditados por motivos políticos, ideolóxicos, ou de conciencia durante a ditadura a 137 persoas naturais de Tui das que 70 foron executadas ou paseadas, e 67 procesadas ou sancionadas.

O Concello de Tui consolida así o seu compromiso institucional coa memoria democrática e os dereitos humanos coa reparación e dignificación das vítimas da represión franquista.

O Concello de Tui contratou a 16 persoas ao abeiro da liña 3 do Plan +Provincia 2025

Undefined

Dezaseis persoas véñense de incorpora a distintos servizos municipais tras ser contratadas polo Concello de Tui o abeiro da liña 3  do Plan + Provincia 2025 da Deputación de Pontevedra.

En concreto foron contratados 14 peóns de horticultura, un oficial segunda fontaneiro e un operario soldador-cerralleiro de estruturas metálicas lixeiras.

A financiación dos contratos realízase a través da subvención da liña 3 do Plan + Provincia, cun importe para este ano 2025 de 222.200,16€, e cunha achega municipal de 5.348,97€.

Mañá entra en vigor a nova ordenanza reguladora da Zona Azul de Tui con control do estacionamento mediante cámaras de lectura de matrículas

Undefined

Aparcar en pleno centro urbano para facer un recado, acudir a unha consulta médica, realizar unha xestión ou consumir no comercio local, será máis doado dende mañá grazas á entrada en vigor da nova ordenanza reguladora da Zona Azul.

A Eurocidade Tui-Valença celebra o seu 14º aniversario como exemplo de cooperación para Europa

Undefined

A Eurocidade Tui-Valença celebrou o seu 14º aniversario cun concerto conmemorativo, onde a música puxo de manifesto a identidade cultural compartida. Un acto no que se reivindicaron os valores europeos que definen a esta Eurocidade, como a fraternidade entre os pobos e a aspiración a un mundo máis xusto e igualitario, “sen fronteiras”.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, fixo balance destes 14 anos e incidiu nos “moitos séculos de historia e de identidade compartida entre Galicia e Portugal, e máis especificamente entre Tui e Valença”.

Páginas

Suscribirse a RSS - Alcaldía