Presentación da campaña “Tui, Catedral de Historias”
15/01/2026
Mañá venres, 16 de xaneiro, ás 12.30 h no Espazo Sociocultural da r/Camilo José Cela terá lugar a presentación da campaña “Tui, Catedral de Historias” conmemorativa do 800 aniversario da Consagración da Catedral de Tui. O Concello de Tui levará a próxima semana esta campaña a FITUR, a Feira Internacional de Turismo de Madrid, referente mundial no sector turístico.
Na presentación participarán o alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana Núñez, e Loreto Sotelo e Alberto Baamonde de Esmerarte, que levaron a cabo a produción audiovisual “Tui, Catedral de Historias”.





