A Biblioteca Municipal superou os 20 mil préstamos de libros en 2025
A Biblioteca Municipal de Tui acadou en 2025 un total de 20.178 préstamos, o que supón un incremento do 9,4% con respecto o ano anterior, continuando a liña de crecemento dos últimos anos en canto a préstamos e número de usuarios.
Estes datos confirman o interese da cidadanía pola cultura e o incremento dos hábitos lectores entre a infancia e a mocidade. Precisamente esta franxa de idade lidera os índices de préstamo na biblioteca tudense, xa que máis do sesenta por cento dos libros foron retirados por usuarios menores de catorce anos.






Solidariedade, concordia, cooperación, paz… son sentimentos que nos caracterizan como persoas e que coa chegada do Nadal se revitalizan e fortalezan, xa que son imprescindibles na nosa vida social e colectiva.