Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

O concello de Tui solicita a declaración de catro “lugares de memoria democrática”

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, asinará mañá martes, ao abeiro do establecido na Lei 20/2022, do 19 de outubro, de Memoria Democrática, a solicitude de declaración de catro enclaves da nosa cidade como “Lugares de memoria democrática” co obxectivo, en palabras do propio rexedor Enrique Cabaleiro, de preservar a memoria das vítimas da Guerra Civil e posterior represión pola ditadura franquista, tamén como testemuño de recoñecemento e co obxectivo de erradicar calquera forma de violencia política ou totalitarismo.

Tui acolle o Campionato de España de Radiocontrol Térmico

Undefined

Esta fin de semana Tui acollerá a derradeira proba do Campionato de España de Radiocontrol Térmico, na que se decidirá o título nacional. Máis de 12 pilotos teñen formalizado xa a inscrición nas catro categorías establecidas.  O sábado, no circuito con forma de M de 100 x 50 metros fronte á gradas da rúa Olímpicos Tudenses, disputaranse as dúas primeiras mangas, ás 12 h e ás 16.30 h, e o domingo terá lugar terceira manga e a entrega de premios.  A presentación desta competición tivo lugar esta mañá.

600 deportistas participarán este sábado no Descenso Internacional do Miño

Undefined

Preto de 600 padeeiros e padeeiras participaran este sábado no 53ª Descenso Internacional que sairá ás 17 h dende Salvaterra para iniciar un percorrido de 14 quilómetros até chegar – en pouco máis dunha hora - á liña de meta que estará situada fronte ás gradas da rúa Olímpicos Tudenses, en Tui. A proba, que será Campionato de España de Ríos, presentará un gran nivel deportivo con 400 embarcacións pertencentes a 73 clubs.

Mañá mércores ás 12 h presentarase o Descenso Internacional do río Miño

Undefined

Mañá mércores, 21 de agosto, ás 12 h, na rúa Olímpicos Tudenses xunto ao Centro Municipal de Piragüismo Quique Míguez terá lugar a presentación do 53º Descenso Internacional do río Miño que se vai celebrar este sábado, 24 de agosto, entre Salvaterra e Tui. Este ano será Campionato de España de Ríos.

Recoñecemento do Concello de Tui a Xabier Añoveros Trías de Bes

Undefined

Xabier Añoveros Trías de Bes recibiu este mediodía de mans do alcalde, Enrique Cabaleiro, e da tenente alcalde, Ana Núñez, a “Mención Honorífica Especial” do Concello de Tui.  Con este recoñecemento a institución municipal quixo recoñecer a súa estreita relación coa nosa cidade dende hai décadas, e á que ten dedicado un amplo conxunto de traballos de investigación.  O acto celebrado na casa do concello contou coa presenza de membros da corporación municipal, de autoridades civís e militares, de familiares e amigos do homenaxeado que encheron o salón de plenos.

O Concello de Tui entregará a Xabier Añoveros Trías de Bes unha “Mención Honorífica Especial”

Undefined

O Concello de Tui entregará mañá, martes 6 de agosto, ás 12.30 h no salón de plenos da Casa do Concello unha “Mención Honorífica Especial” a Xabier Añoveros Trías de Bes en recoñecemento a súa estreita relación coa nosa cidade dende hai décadas á que ten dedicado un amplo conxunto de traballos de investigación.  

Comeza en Tui a implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, sobre as bandas de 800 e 700 MHz

Undefined

Nas próximas semanas comezará en Tui o proceso de implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, o que permitirá gozar de conexións móbiles de alta velocidade con mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica. As operadoras de telefonía móbil, Telefónica, Vodafone e Orange, anunciaron o inicio deste proceso no municipio.

Páginas

Suscribirse a RSS - Alcaldía