Trece puntos forman parte da orde do día do Pleno que este xoves celebra a corporación municipal de Tui
A corporación municipal de Tui celebrará o xoves, 29 de xaneiro, ás 20 h pleno ordinario coa seguinte orde do día:
A) PARTE RESOLUTIVA
1. Aprobación da acta da sesión anterior: ordinaria celebrada o 27 de novembro de 2025.
2. Toma de posesión de D. Jorge Lima Durán do cargo de concelleiro da Corporación Municipal de Tui.
3. Proposta de designación de Jorge Lima Durán no Consello de Goberno da Radio.
4. Expediente 1983/2025. Ditame para aprobación inicial da modificación da Relación de Postos de Traballo.
5. Expediente 1409/2021. Ditame para prórroga do contrato de servizos de limpeza de instalacións e dependencias do Concello de Tui.
6. Expediente 176/2025. Ditame para aprobación definitiva da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, así como industrias na rúa, ambulantes e rodaxe cinematográfico durante a celebración das festas do Concello de Tui.
7. Expediente 3899/2025. Ditame para aprobación da Ordenanza reguladora dos criterios de adxudicación, normas de funcionamento e utilización das vivendas sociais municipais do concello de Tui.
8. Expediente 239/2026. Ditame para aprobación de Convenio relativo a asunción pola administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia de convocatorias e desenvolvementos de procesos selectivos policía local.
9. Expediente 262/2026. Ditame para adhesión a Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e Seaga en materia de prevención e defensa contra incendios forestais.
10.Expediente 1839/2020. Ditame para renovación da declaración do municipio de Tui como de zona de grande afluencia turística.
11.Expediente 2726/2023. Proposta de aprobación de addenda de prórroga do Convenio coa Deputación de Pontevedra para dar continuidade ao servizo de retirada de vehículos abandonados.
12.Expediente 273/2026. Moción en defensa da sanidade pública e apoio á manifestación convocada para o 1 de febreiro de 2026.
B) ACTIVIDADE DE CONTROL
13.Dación de conta das resolucións ditadas por alcaldía e concelleiras/os delegados/as desde a núm. 2025-1876 do 24.11.2025 ata a nº 2026-0083 do 26 de xaneiro de 2026.
C) ROGOS E PREGUNTAS





