Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local. 

Quince persoas fórmanse en limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais

Undefined

O Centro Municipal de Formación do Concello de Tui en Guillarei está acollendo un curso de Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais cun total de 248 horas lectivas. Esta acción formativa está financiada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

O Concello de Tui contratou a 16 persoas este ano ao abeiro da liña 3 do Plan + Provincia

Undefined

O Concello de Tui contratou este ano a 16 persoas ao abeiro da Liña 3 de Activación do Emprego 2024 do Plan + Provincia da Deputación de Pontevedra. .

En concreto no mes de marzo foron contratados un oficial de segunda fontaneiro e un operario carpinteiro cunha duración de  9,5 meses. Este mes de abril contratáronse a 14 persoas, durante 6 meses, coma peóns de horticultura e xardinería.

Preto de 70 mulleres empresarias, emprendedoras e directivas galegas e portuguesas conectaron en Tui

Undefined

Exitoso balance do networking “Mulleres Conectadas” celebrado o pasado venres na aula da UNED de Tui no que participaron preto de 70 mulleres de Galicia e Portugal.  Esta actividade formou parte da programación do 8M, Día Internacional da Muller, ampliando este ano o seu ámbito á Eurocidade Tui-Valença.

Foi unha mañá de aprendizaxe e coñecemento a través de encontros, de intercambio de experiencias, de iniciativas postas en común e de historias doutras mulleres cuxos proxectos de vida ou empresariais serviron de inspiración para as asistentes.

Tui celebra a terceira edición de Mulleres Conectadas, un encontro de mulleres, empresarias, emprendedoras e directivas

Undefined

O próximo venres, 15 de marzo, celebrarase a terceira edición do Networking Mulleres Conectadas, que forma parte da programación organizada polo Concello con motivo do 8M, o Día Internacional da Muller. Este evento terá este ano carácter internacional ao abrirse a participación a mulleres tanto de España coma de Portugal a través da Eurocidade Tui-Valença. O obxectivo do networking é brindar un espazo de encontro entre mulleres empresarias, emprendedoras e directivas para crear oportunidades de negocio e exitosas colaboracións.

Tui clausura o Programa Integrado de Emprego cunha inserción laboral do 70%

Undefined

O 70% do centenar de persoas participantes no Programa Integrado de Emprego clausurado esta semana en Tui incorporáronse ao mercado laboral. O éxito desta acción, na que case de duplicou o obxectivo marcado inicialmente foi posto de relevo no acto de clausura no que participaron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Formación e Emprego, Ana Núñez, e o xefe territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualade, José Antonio Rodríguez, entre outros.

Tui contará cun novo obradoiro de emprego coas especialidades de Forestal e Madeira

Undefined

En breve comezará en Tui o obradoiro dual de emprego “Senda río Miño: Areeiros-Penedo” que vén de ser concedido pola Xunta de Galicia. Contará con dúas especialidades Forestal e Madeira, que contarán con 10 alumnos ou alumnas cada unha delas. Terá unha duración dun ano.

As persoas que desexen participar no mesmo como alumnado-traballador deben inscribirse na especialidade na que estean interesadas na Oficina de Emprego.

A continuación figuran os requisitos de cada especialidade:

O obradoiro de emprego clausurado onte recuperou máis de 4.600 metros da senda do río Furnia

Undefined

Onte tivo  lugar a clausura do obradoiro dual de emprego “Senda Peonil do río Furnia” tras un ano de formación e traballo que permitiu culminar unha senda de 4.650 metros á beira do río Furnia nas parroquias de Malvas e Pexegueiro.  Era un proxecto complexo, tal e coma se destacou no acto de clausura, no que grazas ao esforzo e implicación de todo o equipo do obradoiro, persoal técnico, docentes e alumnado, foi posible rematar, rehabilitando unha senda que parte da Devesa en Malvas e conclúe no Souto en Pexegueiro.  Cómpre salientar tamén coma as vinte persoas que participaron coma alumnado

Convocatoria de Eu Rural para a selección para a contratación dunha persoa con perfil de xestor/a de proxectos e especialista en administración xeral

Undefined

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural fai pública a Convocatoria do procedemento de selección para a contratación dunha persoa con perfil de xestor/a de proxectos e especialista en administración xeral, no marco do Programa LEADER Galicia 2014-2020 e do PDR de Galicia, segundo o disposto na Instrucción nº1/2016 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural AGADER.

O prazo de presentación de solicitudes para a participación no procedemento selectivo é de 20 días naturais a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio (remata o 14 de outubro).

Pages

Subscribe to RSS - Emprego