Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O alcalde de Tui presentou a ofrenda do antigo Reino de Galicia onte na Catedral de Lugo

11/06/2013

Nove autobuses con máis de 450 tudense acompañaron á Corporación Municipal

 

Luns, 10 de xuño de 2013. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, presentou onte, como delegado rexio, a Ofrenda que anualmente realizan os representes das sete capitais do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento na Catedral de Lugo. Cerca de cincocentos veciños de Tui, así como a súa banda de música, un grupo ataviados co traxe tradicional tudense e axentes do seu Policía Local, con uniforme de gala, conformaron a embaixada tudense en Lugo. Este amplo grupo desprazouse ata Lugo en nove autobuses facilitados polo Concello de Tui.

 

Participaron este ano nos actos o Alcalde de Lugo, xunto aos rexedores de Santiago e Ourense e os representantes dos concello de A Coruña, Betanzos e Mondoñedo, xunto a numerosas autoridades de Galicia.

 

O rexedor tudense quere expresar o seu agradecemento a todos os veciños de Tui que quixeron acompañalo e participar nesta celebración festiva, pois evidencia a súa sensibilidade e capacidade participativa.

 

Moisés Rodríguez, na ofrenda, lembrou como este acto que se realiza ininterrompidamente dende 1669 é exemplo sobranceiro da nosa condición que os galegos soubemos conservar, e que hoxe nos honramos en continuar, pois expresa a nosa continuidade histórica como pobo. Conservar esta tradición é tamén reivindicar a nosa propia identidade que non é posible entender sen as raíces da fe cristiá (...)Cómpre non esquecer esta dimensión da nosa historia, pois unicamente dende estes valores auténticos, herdados dos nosos antepasados, podemos construír o noso presente e cimentar solidamente o futuro

Tamén fixo referencia aos graves problemas persoais e sociais que provoca a crise económica. Avogou por unha nova orde social e por unha cultura da solidariedade. Danos folgos, Señor, para neste tempo de recesión atender aos que padecen as súas consecuencias. Suplicamos que nos ilumines especialmente para promover un novo orde, a nivel global e local, a nivel colectivo e persoal, para pasar dunha cultura deshumanizada a unha cultura da solidariedade. Porque esta crise que hoxe vivimos non é só de carácter económico e financeiro, senón que fai agromar outra crise mais profunda.

 

Rematou a súa ofrenda con estas palabras: A Vos confiamos o futuro de Galicia e imploramos a intercesión da Vosa Nai, na advocación dos Ollos Grandes, xunto a noso patrón San Pedro González Telmo para que continuedes guiando á nosa terra e as nosas xentes no camiño da esperanza e da solidariedade. Posteriormente o bispo da diocese de Tui-Vigo, Luis Quinteiro Fiuza,

Anualmente, o domingo seguinte ao do Corpus Christi ten lugar en Lugo este acto institucional e relixioso centenario no que participan os mandatarios das antigas capitais do Reino de Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, Mondoñedo, Betanzos e Tui. Trátase da ofrenda ao Santísimo e a súa posterior procesión pola cidade, coa que aquelas autoridades cumpren co voto solemne que fixeron en 1669, ante as dificultades económicas da Catedral de Lugo, de dotala dunha renda anual coa que iluminar o Altar Maior onde está exposto permanentemente o Santísimo Sacramento. Ata os nosos días celébrase ininterrompidamente este rito da Ofrenda do mesmo xeito nunha misa solemne: por quendas rotatorias anuais, os mandatarios municipais das sete cidades do Antigo Reino de Galicia (o alcalde de cada cidade ou un delegado ou representante seu) presenta a Ofrenda. É a tradición institucional mais antiga que se conserva en Galicia como símbolo da nosa identidade e condición colectiva do noso país. Correspondíalle á cidade de Tui exercer a súa quenda no pasado ano 2012 pero cedeuna tras unha petición formulada polo rexedor de Lugo para poder inaugurar as obras de restauración da Capela Maior do templo catedralicio lucense.