Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Asinado o convenio de participación de Tui no programa Voluntariado Xacobeoo 2010

17/04/2010

ASINADO O CONVENIO DE COLABORACIÓN DA PARTICIPACIÓN DE TUI NO PROGRAMA VOLUNTARIADO XACOBEO 2010

 

Venres, 16 de abril de 2010. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asinou recentemente o convenio de colaboración co Concello de Tui e outros 17 concellos que forman parte do programa Voluntariado Xacobeo 2010, unha iniciativa que desenvolven conxuntamente as consellerías de Traballo e Benestar e de Cultura e Turismo. En representación de Cultura e Turismo acudiu o director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos,

En concreto, a sinatura tivo lugar coas corporacións locais de Tui, polo camiño portugués, Triacastela, Sarria, Portomarín, Palas de Rei, Melide, Arzúa e O Pino (en representación do Camiño francés);  A Guarda, do Camiño portugués pola costa; Padrón pola Ruta de Arousa; Laza, Xunqueira de Ambía e Lalín pola Vía da Prata; Ribadeo e Vilalba do Camiño do norte; Mesía, do Camiño inglés; e, por último, Negreira e Fisterra, que serán os representantes do seu Camiño. Desta forma, o programa Voluntariado Xacobeo 2010 terá presenza nos nove Camiños de Santiago.

 

O convenio asinadoshoxe, polo que o concellos poderá recibir ata 8.000 euros, "posibilita organizar e aproveitar mellor a colaboración dos voluntarios galegos no desenvolvemento do Ano Santo". Ao respecto, un dos obxectivos do programa é promover os valores sociais asociados ao voluntariado e establecer unha rede de voluntariado dos camiños "para poñer de manifesto o espírito solidario que caracteriza aos galegos e galegas, acollendo e orientado aos milleiros de peregrinos que nos visitan", subliñaron tanto a Conselleira como o Alcalde tudense.

 

A conselleira, ademais, destacou que o compromiso acadado co concello de Tui "é unha oportunidade para afianzar a relación da Xunta coas corporacións locais e para que estes animen os seus veciños a participar".

 

Pola súa banda, o director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, agradeceu ao alcalde a súa participación e sinalou que o programa de Voluntarios do Xacobeo 2010 "permitirá amosar aos peregrinos o mellor de Galicia" e lograr que "teñan á súa disposición toda a información necesaria no seu percorrido".

 

Asemade, Ignacio Santos destacou a importancia que ten para Xacobeo 2010 "acoller como se merece a cada un dos cidadáns de calquera parte do mundo que cheguen a Galicia con motivo deste ano tan especial e único", que, subliñou, "non se volverá a repetir en once anos".

 

Ao abeiro deste convenio xá ao longo dos dias da pasada Semana santa un grupo de voluntários ten comeza a súa actividade de información cós peregrinos do Camiño português, que ten en Tui a súa porta de entrada en Galicia. Ao longo destas xornadas un total de cinco voluntarios teñen xa desenvolvido a súa actividade na nosa cidade. Unha tarefa que continuará nos vindeiras fins de semana e logo xa nos meses de verán.

 

O convenio

O programa Voluntariado Xacobeo 2010 está aberto a todos os voluntarios e voluntarias que desexen ofrecer o seu tempo e axuda aos peregrinos e participar, desta maneira, dos importantes valores que transmite o Ano Santo. Os requisitos para participar como voluntario na iniciativa conxunta de Traballo e Benestar e Cultura e Turismo é ser maior de idade e coñecer as zonas de traballo do programa, xa que o voluntariado local adquirirá unha especial relevancia. Cómpre lembrar que no caso dos estudantes universitarios a participación neste programa de voluntariado reporta créditos de libre configuración.

 

Modalidades do programa

En canto a programa, son varias as modalidades de servizo que os voluntarios poden prestar ao abeiro da iniciativa.

 

En primeiro lugar, estarán nos puntos fixos de información que se situaron onde se considerou máis necesaria a información sobre actividades, visitas e servizos. No caso de Tui os puntos fixos están ubicados no albergue de peregrinos e na zona municipal do antigo convento de San Domingos, onde estará um albergue provisional e o centro de interpretación do camiño portugués.

 

A segunda modalidade é a de información móbil ao pé do Camiño. Os voluntarios distribuiranse en parellas, que patrullarán por etapas dos diferentes camiños.

 

En terceiro lugar, o programa inclúe o voluntariado de acompañamento, pensado para axudar na coordinación e guía dos grupos organizados que así o soliciten.

 

Por último, porase en marcha o voluntariado da sabedoría para que as persoas maiores das localidades polas que pasa a Ruta Xacobea sexan os claros protagonistas para transmitir as súas experiencias en torno ao Camiño.

Os interesados en participar na iniciativa do Goberno galego poderán recibir máis información na páxina web www.voluntariadogalego.org e tamén no teléfono solidario 900 400 800.