Ás 00 h deste sábado entra en vigor o peche perimetral e as novas medidas restritivas en Tui ante a situación sanitaria no municipio
(Actualización sábado 12 de decembro ) →
En Tui continúa o peche perimetral e as restricións máximas:
- Hostalería aberta ata as 17 h co 50% de aforo no exterior
- Agrupacións de máximo 4 persoas
+ información
- DOG nº Nº 249-Bis do venres, 11 de decembro de 2020
- DOG nº Núm. 244-Bis do xoves, 3 de decembro de 2020
A Xunta de Galicia adoptou unha serie de medidas restritivas en Tui, e noutros 59 concellos galegos, para facer fronte a situación epidemiolóxica nestes municipios. Veñen recollidas no DOG nº 223-Bis do mércores, 5 de novembro.
Peche Perimetral
Ás 00 h do sábado 7 de novembroentrará en vigor o peche perimetral do termo municipal de Tui establecido no DECRETO 179/2020, do 4 de novembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do estado de alarma declarado polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2. Viu publicado no DOG nº 223-Bis do mércores, 5 de novembro. O obxectivo segundo recollido neste documento é “controlar a transmisión da enfermidade e conter a irradiación a outros lugares limítrofes”.
Este peche perimetral estará en vigor dende ás 00 h do sábado 7 de novembro até ás 15 h do venres 4 de decembro de 2020. ( Estas medidas serán obxecto de seguimento e de avaliación continua, co fin de garantir a súa adecuación á situación epidemiolóxica e sanitaria e para os efectos, de ser necesario, da súa modificación ou levantamento segundo recolle a Xunta na publicación no DOG)
Deste xeito non se poderá entrar nin saír do municipio salvo nos seguintes casos:
- Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
- Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais, sindicais e de representación de traballadores ou legais.
- Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil.
- Retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar.
- Asistencia e coidado, incluído o acompañamento, a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
- Desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou estacións de servizo en territorios limítrofes.
- Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais.
- Renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámites administrativos inaprazables.
- Realización de exames ou probas oficiais inaprazables.
- Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
- Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.
Sí estará permitida a circulación en tránsito no termo municipal.
Reunións de grupos
Establécese a limitación de grupos aos constituídos só por persoas conviventes.
Esta limitación non será de aplicación no caso de actividades laborais, institucionais, empresariais, profesionais, sindicais, de representación de traballadores, e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, así como no caso da práctica do deporte federado, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.
Asistencia a Lugares de Culto
A asistencia a lugares de culto non poderá superar o 50% da capacidade e coma máximo 25 persoas.
Medidas restritivas en Tui
Amais a Xunta recolle na ORDE do 4 de novembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia. atendida a situación epidemiolóxica e sanitaria máis desfavorable de determinados concellos, entre eles Tui, recolle medidas máis restritivas.
Segundo recolle o Anexo II
- Actividades en academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación e actividade formativa xestionada ou financiada pola Administración autonómica en centros e entidades de formación. A actividade que se realice nestes centros poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do cincuenta por cento respecto da máxima permitida.
- Actividade en cines, teatros, auditorios, e espazos similares, así como en recintos ao aire libre e noutros locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas non pechadas temporalmente. En calquera caso, será de aplicación un límite máximo de trinta persoas para lugares pechados e de setenta e cinco persoas se se trata de actividades ao aire libre.
- Actividades e instalacións deportivas. A práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico, sempre que, neste último caso, todas as persoas do grupo sexan conviventes, sen contar, se é o caso, o monitor. Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva de forma individual, sen contar, se é o caso, o monitor, sen contacto físico, e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida.
- Celebración de eventos deportivos, de adestramentos e de competicións deportivas con público. A celebración de eventos deportivos, adestramentos, competicións deportivas que se celebren en instalacións deportivas ou na vía pública poderán desenvolverse con público sempre que este permaneza sentado, que non se supere o cincuenta por cento da capacidade permitida da instalación ou do espazo de que se trate e cun límite de trinta persoas para lugares pechados e de setenta e cinco persoas se se trata de actividades ao aire libre.
O Anexo III recolle o peche temporal de actividades non esenciais.
No caso dos establecementos de restauración - bares, cafetarías, salóns de banquetes e restaurantes - permanecerán pechados ao público e poderán prestar exclusivamente servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio. A permanencia nestes establecementos deberá ser a estritamente necesaria.
Quedan exceptuados destas limitacións as seguintes actividades e establecementos, que poderán continuar abertos:
- I. Espectáculos públicos:
- I.1. Espectáculos cinematográficos.
- I.2. Espectáculos teatrais e musicais.
- I.5. Espectáculos deportivos.
- II. Actividades recreativas:
- II.2. Actividades deportivas.
- III. Establecementos abertos ao público:
- III.1.1. Cine
- III.1.2. Teatros
- III.1.3. Auditorios
- III.1.6. Establecementos de espectáculos deportivos
- III.2.2.2. Pavillóns deportivos
- III.2.2.3. Recintos deportivos
- III.2.2.5. Ximnasios
- ...
- III.2.4.1. Museos
- III.2.4.2. Bibliotecas
- III.2.4.3. Salas de conferencias
- III.2.4.4. Salas polivalentes.
Pode consultarse con detalle estas medidas en: