Hoxe comezaron a traballar no Concello de Tui 22 persoas ao abeiro do Plan Concellos 2016
10/03/2016
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro e o concelleiro de Persoal, José Ramón Magán, recibiron este mediodía no Salón de Sesións aos 22 novos traballadores que comezan hoxe o seu contrato laboral, ao abeiro do Plan Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra .
Deste xeito incorporáronse 5 peóns varredores, 5 peóns de obras públicas, 3 albaneis oficiais de segunda, 1 carpinteiro oficial de segunda, 1 condutor de camión oficial de segunda, 1 soldador oficial de segunda e 6 auxiliares administrativos. Os contratos terán un total de 35 horas semanais e rematarán o 31 de decembro deste ano.




