Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Aula CeMIT(Antigo Telecentro) acolle dous cursos: "Marketing en Internet" e "Xestión de contidos (CMS)"

23/02/2011

A AULA CEMIT (ANTIGO TELECENTRO) ACOLLE DOUS CURSOS: “MARKETING EN INTERNET” E “XESTIÓN DE CONTIDOS (CMS)”

 

Mércores, 23 de febreiro de 2011. A Aula CeMIT de Tui (o ata agora denominado Telecentro) acollerá nos meses de marzo e abril sendos cursos de formación en multimedia e audiovisuais que abranguen actividades formativas nas que se combinan as sesións presenciais coa actividade on-line.

 

En concreto os cursos, de carácter gratuíto,  a impartir son os seguintes:

 

-         

Marketing en Internet” (6 horas presenciais e 24 horas on-line), inicio 21 de marzo de 2011, inscricións ata o 11 de marzo (poden realizarse na páxina web http://cemit.xunta.es, no correo electrónico formacion-cemit@xunta.es ou no teléfono 902.222.321). Ao longo do curso trataranse temas como: web 2.0, marketing relacional nos espazos sociais on-line, ferramentas de publicación e micropublicación, RSS, marcadores sociais, social media plan marketing, etc.

-         

Xestión de contidos (CMS)”: (6 horas presenciais e 24 horas on-line), inicio 4 de abril de 2011, inscricións ata o 25 de marzo (poden realizarse na páxina web http://cemit.xunta.es, no correo electrónico formacion-cemit@xunta.es ou no teléfono 902.222.321). Os temas a desenvolver centraranse en sistemas de xestión de contidos, instalación dun servidor web, joomla nun servidor local, outras ferramentas de xestión, etc.

 

Para a realización dos cursos deben existir un mínimo de cinco matriculados.

 

A Rede CeMIT que abrangue nunha única rede aos antigos Telecentros e Centros Dinamizadores configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información en Galicia no marco da Axenda Dixital de Galicia 2014.gal. Deste xeito, CeMIT coordina as actuacións e actividades formativas nos 94 concellos nos que ten presenza a rede, é dicir, preto de 3.000 horas de formación para achegar as novas tecnoloxías a toda a sociedade galega.

 

Para o Concello de Tui a posta en marcha desta nova etapa nestas aulas de formación nas novas tecnoloxías da información e a comunicación contribuirá positivamente á formación dos cidadáns tudenses ofrecendo ferramentas de capacitación en material multimedia e audiovisual imprescindibles actualmente para a inserción no mercado laboral. Con estas novas actividades a Aula CeMIT de Tui continúa impulsando actividades de alfabetización e información dixital, unha oferta que agarda ampliarse con novos cursos nun futuro inmediato.