Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O talento teatral tudense sae a escena nas Festas de San Telmo

Undefined

O teatro ten un oco propio na programación das Festas de San Telmo nunha cita consolidada que cada ano ateiga o patio de butacas do Teatro Municipal de Tui. Trátase da Semana do Teatro Amador na que os grupos de teatro afeccionado das distintas parroquias tudenses levan as súas obras da temporada a escena na semana grande dos festexos tudenses.  Nos últimos anos os distintos grupos adoitan estrear as novas obras precisamente durante esta semana, e así acontecerá de novo neste 2026. Todas apostan polo humor representando comedias da autoría da propia agrupación. 

Tui inicia a conta atrás para as Festas de San Telmo 2026

Undefined

Todo preparado en Tui para a celebración das festas de San Telmo que comezarán oficialmente este sábado coa lectura do pregón a cargo da presidenta do Real Club Celta, Marián Mouriño.  A cita será ás 12.45 h dende o balcón do edificio da praza da Inmaculada, recentemente remodelada, que será o primeiro escenario destes festexos patronais de Tui, declaradas de Interese Turístico Galego.

A música,  a gastronomía e a tradición serán protagonistas nesta fin de semana que reunirá xa a miles de persoas na cidade.

As bandas de música de Tui, Matamá, Ribadumia, e a Militar de Marín actuarán nas festas de San Telmo

Undefined

O son das bandas de música populares é cada ano unha tradición no programa das festas de San Telmo. Este ano serán a  Banda  de Música Popular de Tui, e a Xuvenil de Tui, a Agrupación Musical Atlántida de Matamá, a Banda de Música Municipal de Ribadumia e a Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín as encargadas dos concertos nas dúas fins de semana de festa. 

A Banda de Música Popular de Tui, baixo a dirección de Eloy Carrera, ofrecerá dous concertos o domingo 5 ás 12.30 h e o domingo 12 ás 18 h. Amais a Banda Xuvenil de Tui actuará o luns 13 h ás 12.30 h.

Puño Dragón, La Fuga e Ñu abrirán os concertos das festas de San Telmo 2026

Undefined

As festas de San Telmo brindarán do 4 ao 13 de abril concertos de pop, rock, e indie que farán vibrar á cidade con grupos consolidados e outros emerxentes 

Os grupos Puño Dragón e La Fuga serán os primeiros en subir ao escenario do Espazo Feiral na primeira xornada de festas, o sábado 4 a partir das 21.30 h.  A ritmo de rock cun directo cheo de enerxía porán a banda sonora a primeira noite festiva. O domingo 5, ás  19.30 h, tomará o relevo Ñu, liderado por José Carlos Molina, que demostrará sobre o escenario a forza dun grupo que leva 50 anos no mundo da música.   

Tui consolida a súa aposta polas pequenas producións vitivinícolas

Undefined

O Concello de Tui consolida a súa aposta polas producións vitivinícolas de pequenos produtores, caracterizadas polo coidado da terra, e por produtos diferenciados, de calidade e únicos, representativos deste territorio situado nas dúas beiras do Miño. Será no V Encontro de Viños da Raia, que se vai celebrar na primeira fin de semana das festas patronais de San Telmo, o sábado 4 e o domingo 5 de abril. Este evento converterase nun magnífico escaparate para estes viños e espumosos.

Mañá mércores preséntase o V Encontro de Viños da Raia

Undefined

Mañá mércores, 25 de marzo, ás 13 h, na praza da Inmaculada terá lugar a presentación do V Encontro de Viños da Raia que se vai celebrar dentro da programación das festas de San Telmo o sábado 4 e o domingo 5 de abril.

Participarán na presentación o alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Turismo, Ana Núñez, e os produtores e produtoras que cos seus viños e espumosos acudirán a este evento.

Ñu celebrará os seus cincuenta anos na música nas festas de San Telmo

Undefined

Cincuenta anos sobre os escenarios leva o grupo de rock Ñu liderado por José Carlos Molina. Dentro da xira que está a realizar por toda España para celebrar estes 50 anos de música estarán en concerto nas festas de San Telmo o domingo 5 de abril, ás 19.30 h no Espazo Feiral con entrada libre.

Ñu, unha das grandes bandas de rock español, naceu en Madrid en 1974 da man de José Carlos Molina e Rosendo Mercado, que logo deixaría esta formación para crear Leño.

O rock de La Fuga e Puño Dragón abrirá musicalmente as festas de San Telmo 2026

Undefined

O rock de La Fuga e Puño Dragón abrirá musicalmente as festas de San Telmo 2026. As dúas bandas actuarán o sábado 4 de abril, a partir das 21.30 horas, no Espazo Feiral, nun concerto con entrada libre.

O Concello de Tui aposta de novo este ano por grandes concertos para as festas patronais da cidade, declaradas de Interese Turístico Galego.

Pages

Subscribe to RSS - San Telmo