A Eurocidade Tui – Valença participa nas Xornadas Europeas da Cultura Xudía
A programación das Xornadas Europeas da Cultura Xudía da Rede de Xuderías de España, inclúe actividades e eventos para todos os públicos, que se desenvolverán en Tui e Valença, baixo a denominación de: “Rutas Serfardís”.
Esta mañá a Sala de Concelleiros da Casa do Concello de Tui acolleu a presentación das “Rutas Sefardís”. Un programa de actividades para conmemorar as Xornadas Europeas da Cultura Xudía, que correu a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Turismo e Patrimonio, Laureano Alonso xunto co vereador de Cultura da Cámara de Valença, José Monte.




