Tui e Valença constitúen dende febreiro de 2012 unha Eurocidade, nun proceso que deu oficialidade formal á relación entre as poboacións dende antano. A interacción entre as dúas cidades e a colaboración entre as súas xentes son exemplo de cooperación transfronteiriza. Os dous municipios levan a cabo actividades conxuntas de promoción turística, así coma no eido deportivo e cultural. Desta unión nacerán nun futuro, con toda seguridade, proxectos e camiños que tudenses e valençianos percorrerán xuntos.
Ao longo do mes de setembro as cidades de Tui e de Valença desenvolverán unha ampla programación con motivo da celebración das “Xornadas Europeas da Cultura Xudía” que un ano mais realiza conxuntamente a Eurocidade para mostrar e valorizar o patrimonio xudeu que conservan ambas cidades e enriquece o seu acervo cultural.
A ribeira de Caldelas acollerá este venres, 27 de agosto, ás 22 h a representación de “A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño” coa historia das disputas e a unión final de dous pobos escrita hai 350 anos por Gabriel Feixoo de Arauxo.
A Eurocidade Tui-Valença acollerá do 9 ao 11 de setembro o MUMI 2021, un encontro profesional do sector musical e cultural galego e portugués. Na programación prevista figuran os concertos de 18 bandas dos que poderán gozar tanto os profesionais coma o público en xeral.
Mañá venres, 30 de xullo, ás 11 hora española, no antigo convento de San Domingos, terá lugar a presentación da programación musical do MUMI 2021, a feira que se vai celebrar na Eurocidade Tui-Valença do 9 ao 11 de setembro reunindo a profesionais do sector musical e cultural galego e portugués.
A maxia de distinta disciplinas artistas conquistou a pasada fin de semana a Eurocidade Tui-Valença co I Festival de Artes de Rúa, co que se tendeu unha nova ponte cultural entre ambos municipio.
Tui e Valença son a porta do Camiño Portugués a Santiago. Ao longo dos século esta vía peregrinación foi deixando a súa pegada na Eurocidade. O Roteiro Turístico Dixital da Eurocidade forma parte do proxecto Unicidade, co-financiado polo programa Interreg V-A, Espanha-Portugal, 2014-2020.
A Eurocidade Tui-Valença despide hoxe a primeira edición do FIAR, Festival Internacional de Artes de Rúa, con seis novas funcións a unha e outra beira do río, adaptadas as medidas sanitarias en vigor en cada municipio. Precisamente o cambio a nivel medio de restricións no que está Tui dende este sábado levou á organización do FIAR 2021 a mudar o espectáculo previsto inicialmente por parte de Troula Animación, xa que se trataba dun espectáculo itinerante no que o público ía acompañando a función, por outro que se realizará de forma estática con público sentando, cumprindo así a nova normati
Os espectáculos de artes de rúa continúan hoxe na Eurocidade Tui-Valenca dende ás 15.30 h con música, circo, teatro…
Mañá venres, 23 de xullo, comeza Festival Internacional de Artes de Rúa da Eurocidade Tui-Valença coas primeiras oito funcións da man de cinco compañías. Dende ás tres e media da tarde hora española e até a medianoite as rúas e prazas de Tui e Valença converteranse no escenario no que gozar de espectáculo de teatro, clown, música, …