Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

 

 

 

 

Tui e Valença constitúen dende febreiro de 2012 unha Eurocidade, nun proceso que deu oficialidade formal á relación entre as poboacións dende antano. A interacción entre as dúas cidades e a colaboración entre as súas xentes son exemplo de cooperación transfronteiriza. Os dous municipios levan a cabo actividades conxuntas de promoción turística, así coma no eido deportivo e cultural. Desta unión nacerán nun futuro, con toda seguridade, proxectos e camiños que tudenses e valençianos percorrerán xuntos. 

A Eurocidade Tui-Valença súmase á Semana Europea da Mobilidade

Undefined

A Eurocidade Tui-Valença presentará mañá mércores, ás 18 h ES na antiga alfándega de Valença o estudo “Mobilidade Urbana Sustentable Tranfronteiriza da Eurocidade Tui-Valença”.

Esta é a primeira das actividades coa que Tui e Valença se suman á Semana Europea da Mobilidade promovida pola Comisión Europea e que se celebra até este domingo.

Máis de 250 profesionais están acreditados no MUMI que se celebra na Eurocidade Tui-Valença

Undefined

Esta mañá celebrouse no edificio da Escola Superior de Ciencias Empresariais de Valença o brinde de benvida da 5ª edición do Encontro profesional de Músicas, MUMI 2024, no que participaron José Manuel Carpinteira, presidente da Cámara Municipal de Valença; Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui; Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC); e representando á organización do MUMI en Galiza e Portugal, Diana Martins e Manuel Vicente que destacou “o grande interese do sector por estar presente nesta edición do MUMI, na que participarán 250 profesionais que terán a opor

O MUMI converterá a Eurocidade Tui-Valença nun fervedoiro de tendencias musicais

Undefined

O V Encontro Profesional de Música Galiza-Portugal,  que se celebrará do 12 ao 15 de setembro na Eurocidade Tui-Valença,  preséntase de novo como escaparate da rentrée musical conxugando a súa dobre función de mercado para a industria musical, e festival aberto ao público con propostas gratuítas a pé de rúa.

Mañá preséntase o X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

Undefined

Mañá xoves, 18 de abril, na casa do concello de Tui, terá lugar a presentación do X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade, competición federada organizada pola Escola de Baile Pasos Galicia, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, que terá lugar este sábado 20 e domingo de 21 de abril, no pavillón deportivo municipal de Valença.

O MUMI abre mañá as inscricións para artistas e profesionais

Undefined

Mañá 15 de marzo abre o prazo para inscribirse no Encontro Profesional de Músicas Galiza-Portugal 2024. A convocatoria para candidatar propostas de artistas e bandas pecharase o 30 de abril, mentres que as inscricións para profesionais permanecerán abertas ata o 8 de setembro. En ambos casos, a participación é gratuíta a través da web mumimusicas.eu.

A XI Eurocidade BTT celebrarase o 17 de marzo agardando reunir a 1200 participantes

Undefined

A XI Eurocidade BTT, que se celebrará o domingo 17 deste mes, aspira a reunir a 1.200 participantes nunha proba única de carácter transfronteirizo. Este evento, que forma parte do calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença, foi presentado este mediodía polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, os concelleiros de Deportes de Tui e Valença, Rafael Estévez e Arlindo Sousa, o seleccionador da Federación Galega de Ciclismo, Óscar Sánchez, o presidente da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas organizadores da BTT, Eduardo Fernández, así como o ciclista local Manuel Bugallo.

Presentación da XI Eurocidade BTT que forma parte do Calendario Deportivo da Eurocidade 2024

Undefined

Mañá mércores, 6 de marzo, ás 12.00 horas españolas, na rúa Olímpicos Tudenses xunto aos  Centros Municipais de Piragüismo e Remo, terá lugar a presentación da XI Eurocidade BTT. Esta proba de ciclismo de montaña está organizada pola Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença. Celebrarase o domingo 17 de marzo.

Pages

Subscribe to RSS - Eurocidade