Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

 

 

 

 

Tui e Valença constitúen dende febreiro de 2012 unha Eurocidade, nun proceso que deu oficialidade formal á relación entre as poboacións dende antano. A interacción entre as dúas cidades e a colaboración entre as súas xentes son exemplo de cooperación transfronteiriza. Os dous municipios levan a cabo actividades conxuntas de promoción turística, así coma no eido deportivo e cultural. Desta unión nacerán nun futuro, con toda seguridade, proxectos e camiños que tudenses e valençianos percorrerán xuntos. 

A Red de Juderías promove o xogo participativo “Busca la llave del diálogo/Busca a chave do diálogo” no mes de setembro

Undefined

As cidades da Rede de Xudarías celebran, dende o 3 até o 30 de setembro, a actividade participativa e gratuíta “Busca la llave del Diálogo / Busca a chave do diálogo”.

Mediante un xogo, os visitantes terán que desprazarse consecutivamente a tres puntos da xudaría de cada cidade, neste caso a de Tui, no marco dunha iniciativa con motivo da celebración dunha nova edición da Xornada Europea da Cultura Xudía.

Empresas e profesionais da música de Galicia e Portugal tenden novas pontes no MUMI, do 9 ao 11 de setembro

Undefined

Os dereitos das artistas, as diversas formas de apoio á cultura, o papel das salas de concertos e dos festivais, ou o asocianismo na xestión cultural serán algún dos temas que aborden os faladoiros programados polo MUMI 2021. Do 9 ao 11 de setembro a Eurocidade Tui-Valença acolle o Encontro Profesional das Músicas no Minho, cun programa completo que xa se pode consultar en mumimusicas.eu.

O CDG e a CTB presentan en Caldelas “A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño”

Undefined

A ribeira de Caldelas acollerá este venres, 27 de agosto, ás 22 h a representación de “A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño” coa historia das disputas e a unión final de dous pobos escrita hai 350 anos por Gabriel Feixoo de Arauxo. 

Pajarito, Troula Animación, Clown Nano, Circo Chosco e Daniel Gonçalves pechan o FIAR 2021

Undefined

A Eurocidade Tui-Valença despide hoxe a primeira edición do FIAR, Festival Internacional de Artes de Rúa, con seis novas funcións a unha e outra beira do río, adaptadas as medidas sanitarias en vigor en cada municipio.  Precisamente o cambio a nivel medio de restricións no que está Tui dende este sábado levou á organización do FIAR 2021 a mudar o espectáculo previsto inicialmente por parte de Troula Animación, xa que se trataba dun espectáculo itinerante no que o público ía acompañando a función, por outro que se realizará de forma estática con público sentando, cumprindo así a nova normati

Pages

Subscribe to RSS - Eurocidade