Tui e Valença constitúen dende febreiro de 2012 unha Eurocidade, nun proceso que deu oficialidade formal á relación entre as poboacións dende antano. A interacción entre as dúas cidades e a colaboración entre as súas xentes son exemplo de cooperación transfronteiriza. Os dous municipios levan a cabo actividades conxuntas de promoción turística, así coma no eido deportivo e cultural. Desta unión nacerán nun futuro, con toda seguridade, proxectos e camiños que tudenses e valençianos percorrerán xuntos.
Con motivo do 133 aniversario da inauguración da vella Ponte Internacional a Eurocidade Tui-Valença organiza unha exposición do artista Puskas, que amosará a súa obra de xeito simultáneo no Arquivo Municipal de Valença e na Área Panorámica de Tui.
Este sábado, 16 de marzo, comezará o Circuíto de Andainas e Trilhos Saudables da Eurocidade 2019. Contará con 7 percorridos de distintas intensidades, polos municipios de Tui e Valença.
A primeira cita será este sábado co Trilho da Lampreia que se celebrará a partir das 10.00 horas españolas, dende a igrexa de San Pedro da Torre, en Valença. Terá un percorrido de dificultade baixa e unha distancia aproximada de 6.5 quilómetros. Esta andaina estará limitada a 50 participantes.
Un total de 25 actividades de 17 modalidades deportivas na que participan 21 clubs e dúas empresas conforman o calendario de actividades deportivas de 2019 que esta fin de semana comeza na Eurocidade Tui-Valença e que se vai prolongar até o mes de decembro.
Mañá venres, 1 de febreiro, ás 11.00 horas españolas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do Calendario Deportivo da Eurocidade, que neste ano 2019, albergará máis de trinta eventos deportivos, de ata dezasete modalidades deportivas.
A Eurocidade Tui-Valença presentou este mediodía o seu primeiro almanaque conxunto que nace con vocación de continuidade e que plasma o patrimonio e a vida de Tui e de Valença a través de doce láminas obra da artista plástica galega María Meijide. Edítanse 1.000 exemplares – 500 para Tui que serán distribuídos en establecementos públicos - cun investimento de preto de 5 mil euros sufragado a parte iguais por Tui e Valença.
Mañá venres, 18 de xaneiro, ás 12h, na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación do almanaque de 2019 da Eurocidade Tui-Valença ilustrsado pola artista plástica María Meijide.
O Club Aromon de Pontevedra, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, dentro da VII Liga Aromon Chema Sport, organizará a I Carreira Internacional de Orientación da Eurocidade, que se celebrará este domingo 14 de outubro.
Esta evento contará con dúas probas, unha de mañá en Valença, con inicio a partir das 10.00 horas españolas, que percorrerá a pé as rúas do interior das murallas de Valença, e pola tarde, a partir das 16.00 horas, polo conxunto histórico de Tui. Os interesados teñen a posibilidade de participar nas dúas probas.
O sábado, 4 de agosto celebrarase a VIII Travesía a Nado da Eurocidade Tui-Valença. Unha proba que este ano terá carácter popular cunha distancia de case 1000 metros entre o Cais de Valença e a praia da Mariña en Tui. A saída será ás 11 hora española coincidindo coa pleamar.
Unha andaina nocturna unirá este sábado, 28 de xullo, os dous principais cumios da Eurocidade Tui-Valença, o Monte Aloia e o Monte Faro, á luz da lúa chea. Será un percorrido de 17 de quilómetros, de dificultade doada, que comezará ás 23.30 hora española no Aloia e rematará entorno ás 5 da madrugada vendo o amencer no Monte Faro. Esta novidosa proposta forma parte do calendario de Andainas Saudables da Eurocidade.