O Concello de Tui presenta aos clubs deportivos tudenses unha nova aplicación para a tramitación das subvencións
Os clubs deportivos tudenses teñen ao seu dispor unha aplicación móbil para a xestión das subvencións nominativas do Concello de Tui.
O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.
Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.
Os clubs deportivos tudenses teñen ao seu dispor unha aplicación móbil para a xestión das subvencións nominativas do Concello de Tui.
A próxima semana, o martes 7, mércores 8 e xoves 9 de xullo, o novo pavillón deportivo municipal de Tui acollerá aos alumnos e alumnas de 2º de bacharelato do IES A Sangriña da Guarda, do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño, do IES San Paio e do IES Indalecio Pérez Tizón de Tui, para a realización das probas da ABAU.
O Concello de Tui organiza para este domingo unha actividade de ioga e meditación para conmemorar o Día Internacional do Ioga. Terá lugar ás 10.30 h no Paseo Fluvial a cargo de Vanesa Rodríguez. A participación está limitada a 25 persoas, e as prazas cubriranse por orde de chegada. Débese levar esteira.
Os concellos de Tui, Salvaterra de Miño, O Porriño, e Salceda de Caselas decidiron non organizar este ano os campamentos de verán para nenas e nenos, para garantir a súa seguridade e ante as limitacións de aforo nesta nova normalidade. A decisión únese á da Deputación de Pontevedra, que xa decidira suspender os seus, e segue a liña de actuación da Xunta de Galicia, que por seguridade mantén pechadas as escolas infantís e os colexios.
A continuación poden consultarse os horarios das instalacións deportivas municipais na temporada 2022/23:
Horario pavillón deportivo municipal Gustavo Rodríguez - Temporada 2022/23
Os concellos de Tui, Arbo, As Neves, Crecente, Mondariz, O Porriño, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño veñen de emitir un comunicado conxunto anunciando a non apertura das instalacións das piscinas municipais este verán como medida ante a pandemia da COVID 19.
O Concello de Tui vén de acordar unha serie de medidas para previr o contaxio por Coronavirus. Estas decisións adoptáronse por unanimidade na xunta de portavoces celebrada este mediodía na casa do concello. A duración ou modulación das medidas adoptadas se tomará de acordo coas directrices establecidas polas autoridades sanitarias competentes.
Así pecharanse as instalacións municipais de carácter cultural e deportivo dende mañá e suspéndese a programación propia.
O Teatro Municipal de Tui acolleu o venres, 28 de febreiro, a VIII Gala do Deporte Tudense.
O deporte tudense viviu onte á noite a súa festa na celebración da VIII Gala do Deporte Tudense, na que o Concello de Tui quixo recoñecer os éxitos deportivos acadados ao longo da pasada temporada.
A futbolista Sara Tui foi galardoada co premio Deporte Tudense na categoría feminina. Un galardón que recolleu a súa nai Mª del Mar Rodríguez. Sara Tui proclamouse o ano pasado campioa do Mundo de Fútbol Praia coa Selección Española e campioa de Europa de Fútbol Praia a nivel club.
O Teatro Municipal de Tui acollerá mañá venres, 28 de febreiro, ás 20.30 h a VIII Gala do Deporte Tudense. Neste evento o Concello de Tui recoñecerá aos deportistas, clubs, adestradores, entidades… polos resultados acadados ao longo da temporada 2019. Así entregaranse os premios Deporte Tudense nas categorías feminina e masculina absoluto, sub23, promesa e veterano. Tamén os premios Deporte Tudense Adestrador, Deporte Adaptado, Promoción do Deporte Base, Firma Comercial, e Outras Entidades.