Hoxe abre o prazo de solicitude das Bolsas a Deportistas Tudenses correspondentes ao ano 2019
Hoxe martes, 26 de novembro, abre o prazo de solicitude das Bolsas a Deportistas Tudenses correspondentes ao ano 2019, que contarán cun orzamento de 10 mil euros. O obxectivo destas bolsas é facilitar aos deportistas tudenses a práctica deportiva e a súa participación nas competicións de máis alto nivel, valorando así a súa especial dedicación ao deporte, e á súa vez á difusión que realizan da cidade de Tui nos eventos deportivos de carácter internacional nos que participan.