Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Maxia e ilusionismo este venres no Teatro Municipal de Tui

Undefined

“Cousa de nenos” é o título do espectáculo que Ian Hamilton e Elisa Alfaya presentan este venres ás 20 h no Teatro Municipal de Tui.  

“Cousa de nenos” mestura maxia e sombras chinescas nun espectáculo cheo de corido e ilusión dirixido a toda a familia. O público mergullarase nun mundo imaxinario onde nada é imposible.

Ás 12.30h recepción á delegación da Red de Juderías de España que hoxe visita Tui

Undefined

Ás 12.30 h na sala de reunións do Concello de Tui terá lugar a recepción á delegación da Red de Juderías de España que visita hoxe Tui para coñecer in situ o patrimonio xudeu da cidade, dentro do proceso de admisión da candidatura tudense para formar parte desta rede.

A inscrición no Desfile Concurso de Entroido será mañá xoves, o venres e o luns

Undefined

Mañá xoves, o venres e o luns serán as datas nas que se deberán inscribir os grupos e comparsas que desexen participar no Desfile – Concurso de Entroido 2019 en Tui o martes 5 de marzo.

As bases de participación veñen hoxe publicadas no BOPPO, así coma na web municipal tui.gal e na sede electrónica do Concello de Tui.

"Patapatúm" é o título da obra que este venres Elefante Elegante presenta no Teatro Municipal de Tui

Undefined

Este venres, 8 de febreiro, ás 20h chega ao Teatro Municipal de Tui  a compañía Elefante Elegante para pór en escena unha obra para público familiar titulada "Patapatúm".

María Torres, Gonçalo Guerreiro son os autores da obra, que tamén dirixen xunto a Pablo Sánchez. Amais María Torres e Gonçalo Guerreiro soben ao escenario con Agustín Bolaños, conformando o elenco do espectáculo.

Patapatúm é unha reflexión sobre o tempo, a crianza... un espectáculo de teatro visual sen palabras para público infantil e familiar a partir de 3 anos.

A calidade, variedade e continuidade da programación cultural de Tui convértena en referente en Galicia

Undefined

Este venres, 1 de febreiro, comeza a programación do primeiro semestre do ano en Tui. Vén recollida no número 37º da axenda Corredoira Cultural. Está conformada por seis espectáculos que se van levar a cabo no Teatro Municipal e seis eventos que se van celebrar até o mes de maio.

A presentación tivo lugar esta mañá na casa do concello por parte do alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, o director da AGADIC, Jacobo Sutil, xunto a Elisa Alfaya, Eduardo Rodríguez “Tatán” e Avelino González.

Presentación da programación cultural do primeiro semestre de 2019

Undefined

O próximo martes, 29 de xaneiro, ás 11 h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación da programación cultural do primeiro semestre de 2019 recollida nun novo número da Axenda Corredoira Cultural. Esta proposta inclúe tanto os espectáculos programados no Teatro Municipal coma os eventos que se van desenvolver na rúa no primeiro semestre.

Pages

Subscribe to RSS - Cultura